Wiki Winx Club
Advertisement

O poder dos animais máxicos é o episodio 26 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 182 en total. Estreouse o 3 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento

O episodio comeza en Alfea, onde Kalshara pide axuda ás Winx para salvar o seu irmán Brafilius, que se atopa nas mans das Trix, que neste momento elas están en camiño de conseguir o máximo poder salvaxe. Así, as fadas estabelecen unha alianza temporal con ela contra as tres bruxas.

Mentres tanto, as Trix e Brafilius están nos túneles subterráneos de Magix, e Brafilius tenta escapar, sen éxito. Entón ábrese un túnel e as Trix entran para ver o que é, e resulta que é a fonte da maxia salvaxe, pero os seus animais máxicos teñen medo de entrar.

As Trix ordénanlles aos seus animais que entren na fonte de maxia salvaxe, e transfórmanse nunhas criaturas que Brafilius ten medo. En Alfea, Roxy e Daphne queren acompañar ás Winx con Kalshara, pero as Winx irán soas. As Winx transfórmanse en Butterflix, e van con Kalshara.

Kalshara conduce o grupo de fadas e os seus animais máxicos aos túneles subterráneos de Magix, seguindo o rastro máxico de Brafilius. Por unha ollada de Amarok, as sete fadas conseguen localizar a cova onde as bruxas están a esconderse. Aquí, Brafilius reúnese con Kalshara, pero aparecen as Trix fundidas cos seus animais máxicos.

A batalla entre as Winx e as Trix é moi perigosa e en perfecta igualdade, razón por que os animais máxicos forzadamente teñen que efectuar o seu feitizo definitivo, xuntándose no Cisne Infinito. O máxico cisne absorbe o poder supremo, mentres as Winx, grazas ás Pedras das Lembranzas, conseguen enviar as Trix para sempre nun limbo do tempo e do espazo, quedando presas.

Kalshara xa non quere salvar o seu irmán e agora quere apoderarse de novo do poder supremo, provocando así a cólera dun grupo de animais máxicos dos túneles subterráneos, que lanzan a pérfida fada mutaforma nas profundidades dun precipicio, e Brafilius é destinado a quedar para sempre coa forma dun can, xunto cos animais máxicos do subsolo.

O cisne agradece ás Winx pola súa axuda e despídense para sempre, prometendo custodiar o poder supremo dos animais máxicos o tempo que a natureza quixer. Despois as Winx volven a Alfea con Faragonda e as outras estudantes, onde celebran a vitoria cun concerto ao Parque Natural de Alfea, ao que tamén participan os Especialistas e noivos das Winx.

Feitos importantes

Curiosidades

  • Este episodio marca a primeira e única aparición das Trix na súa forma híbrida animal.
  • Este episodio marca a última aparición das Pedras de Lembranzas.
  • Este é o último episodio da tempada 7.

Galería

Advertisement