Wiki Winx Club
Advertisement

O raposo branco é o episodio 25 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 207 en total. Estreouse o 16 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nun lago do planeta Dyamond, onde as Winx entraron na auga coa transformación Sirenix evolucionada como “Crystal Sirenix” para atoparen Sky, que caeu no lago. Mentres tanto, Sky logra atopar unha cova con aire, pero está ferido e o seu traxe non funciona. El está en perigo porque a cova se encherá de auga en breve. Cando Sky está a piques de morrer afogado e de frío, Bloom atópao e as Winx tráeno á superficie.

Bloom usa a Chama do Dragón para quentar Sky. O mozo dille que veu a Dyamond só para pasar tempo coa súa moza. Tecna amaña o traxe de Sky, e xunto coas Winx marchan buscar as Trix. Mentres tanto, Icy está a falar coa raposa branca, que a chama “Sapphire”. Icy empeza a lembrarse da súa infancia. Ela revela que Sapphire era a irmá máis nova de Icy, e ámbalas dúas son as fillas da raíña de Dyamond.

Sapphire e Icy estaban a xogar, pero un día, unha Bruxa-Chamán apareceu e transformou Sapphire nun raposo. Cos seus poderes esta conxelou todo o planeta, e obrigoulle a Icy que lle dixese onde se atopa o castelo da súa nai. Icy díxollo, de novo a Bruxa-Chamán deixouna libre. Daquela, Icy xura vinganza, dicindo que se converterá na bruxa máis forte do universo para salvar o seu planeta e para facer que a súa irmá volva á normalidade.

Icy tenta romper o feitizo contra a súa irmá, pero non pode, de novo Sapphire continúa a ser unha raposa. Entón aparecen Darcy e mais Stormy. Icy cóntalles que de feito non son irmás, e que Dyamond é o seu planeta. Ela di que se Valtor non as liberar do seu control, traizoarano e loitarán contra el. Con todo ela só quere ter os poderes para desfacer o feitizo sobre a súa irmá. Entón Sapphire pídelles ás Trix que a sigan, porque ela sabe onde se atopa a estrela.

Sapphire leva as Trix ata unha cova, na que se atopa a estrela. Pero o sitio no que se atopa a estrela está baixo o feitizo da Bruxa-Chamán, e non poden collela. A estrela entra nunha cova na que tan só Sapphire pode entrar, pero entón as Winx e Sky veñen deter as Trix. Empeza unha loita, e nun ataque, Stella fai que Sapphire quede atrapada na cova.

Sapphire quere coller a estrela, pero Icy di que a súa irmá é máis importante cá estrela. Deste xeito colle Sapphire no canto de coller a estrela. Icy volve coas demais sen a estrela, porque preferiu salvar Sapphire. Entón a estrela aparece, e di que Icy demostrou amor, polo tanto a estrela é súa. As Trix abren un portal e marchan.

As Trix cruzan o portal, pero elas van a outro sitio de Dyamond. Icy sabe que a estrela ten moitos poderes. A estrela logra romper o feitizo de control de Valtor, pero non pode facer que Sapphire recobre a súa forma humana. As Winx teñen tres estrelas, Valtor ten tamén el tres e as Trix teñen unha, pero non lla queren dar a Valtor. En Alfea, Bloom sabe que as Trix traizoarán Valtor. Por isto, ela decide que elas atacarán a gorida de Valtor e recuperarán as tres estrelas que este ten.

Feitos importantes[]

  • Revélase que Icy, Darcy e Stormy non son irmás de sangue emparentadas.
  • Revélase que Icy naceu en Dyamond, e que é a princesa deste planeta.
  • O raposo branco é a irmá máis nova de Icy, Sapphire.

Curiosidades[]

  • Este episodio representa un novo xiro na continuidade da historia de Winx Club, xa que explica que o pasado de Icy é diferente có pasado de Darcy e o de Stormy.
    • Polo tanto, non se sabe de onde veñen Darcy e Stormy, e nin cales son as súas orixes.
  • Se Icy vén de Dyamond no canto de ser a irmá das outras Trix, cal é o seu vínculo de parentesco coas tres Bruxas Ancestrais?

Galeria[]

Advertisement