Wiki Winx Club
Sin resumen de edición
Línea 6: Línea 6:
 
|número = 207
 
|número = 207
 
|italia = 16 de setembro do 2019
 
|italia = 16 de setembro do 2019
|eua = 2019
+
|eua = {{CURRENTYEAR}}
 
|italiano = La volpe bianca
 
|italiano = La volpe bianca
 
|inglés = The White Fox
 
|inglés = The White Fox

Revisión del 00:00 10 dic 2019

O raposo branco é o episodio 25 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 207 en total. Estreouse o 16 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento

O episodio empeza nun lago do planeta Dyamond, onde as Winx entraron na auga coa transformación Sirenix evolucionada como “Crystal Sirenix” para atopar Sky, que caeu nas profundidades do lago. Mentres tanto, Sky consegue atopar unha cova con aire, pero está ferido e o seu traxe non funciona, e ademais, a cova encherase de auga en breve. Cando Sky está a piques de morrer afogado e de frío, Bloom atópao e as Winx lévano á superficie.

Bloom usa a Chama do Dragón para quentar Sky, e o mozo dille que veu a Dyamond só para pasar tempo coa súa noiva. Tecna arranxa o traxe de Sky, e el e as Winx van buscar as Trix. Mentres tanto, Icy está a falar co raposo branco, e chámao “Sapphire”. Icy empeza a lembrar a súa infancia, e descóbrese que Sapphire era a irmá máis nova de Icy, e elas dúas son as fillas da raíña de Dyamond.

Sapphire e Icy estaban a xogar, pero un día, unha Bruxa-Chamán apareceu, transformou Sapphire nun raposo e conxelou todo o planeta, e dixo a Icy que lle dixese onde se atopa o castelo da súa nai. Icy díxollo, e a Bruxa-Chamán deixouna libre. Entón, Icy xurou vinganza, dicindo que se converterá na bruxa máis forte do universo para salvar o seu planeta e facer que a súa irmá volva á normalidade.

Icy tenta romper o feitizo contra a súa irmá, pero non pode, e Sapphire continúa a ser un raposo. Entón aparecen Darcy e Stormy, e Icy revélalles que realmente elas non son irmás, e que Dyamond é o planeta de Icy. Ela di que se Valtor non as liberar do seu control, traizoarano e loitarán contra el, pero ela só quere ter os poderes para desfacer o feitizo sobre a súa irmá. Entón Sapphire quere que as Trix a sigan, porque ela sabe onde se atopa a estrela.

Sapphire leva as Trix ata unha cova, na que se atopa a estrela. Pero o lugar no que se atopa a estrela está baixo o feitizo da Bruxa-Chamán, e non poden coller a estrela. A estrela entra nunha cova na que só pode entrar Sapphire, pero entón as Winx e Sky veñen parar as Trix. Empeza unha loita, e nun ataque, Stella fai que Sapphire quede atrapada na cova.

Sapphire quere coller a estrela, pero Icy di que a súa irmá é máis importante que a estrela, e colle Sapphire no canto de coller a estrela. Icy volve coas demais sen a estrela, porque preferiu salvar Sapphire. Entón a estrela aparece, e di que Icy demostrou amor, polo tanto a estrela é para ela. As Trix abren un portal e vanse.

As Trix cruzan o portal pero só van a outro lugar de Dyamond, xa que Icy sabe que a estrela ten moitos poderes. A estrela consegue romper o feitizo de control de Valtor, pero non pode facer que Sapphire volva á súa forma humana. As Winx teñen tres estrelas, Valtor ten tamén tres e as Trix teñen unha, porque non lla queren dar a Valtor. En Alfea, Bloom sabe que as Trix traizoarán Valtor, polo tanto decide que atacarán a gorida de Valtor e recuperarán as tres estrelas que el ten.

Feitos importantes

  • Revélase que Icy, Darcy e Stormy non son irmás.
  • Revélase que Icy naceu en Dyamond, e é a princesa deste planeta.
  • O raposo branco é a irmá máis nova de Icy, Sapphire.

Curiosidades

  • Este episodio fai un xiro na continuidade da historia de Winx Club, xa que explica o pasado de Icy que é diferente que o pasado de Darcy e o de Stormy.
    • Polo tanto, non se sabe de onde veñen Darcy e Stormy, nin cales son as súas orixes.
  • Se Icy vén de Dyamond no canto de ser irmá das outras Trix, cal é o parentesco dela coas tres Bruxas Ancestrais?

Galeria