Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

O regreso das Trix é o episodio 2 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 28 en total. Estreouse o 21 de abril do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde a moza que rescataron as Winx está a durmir e a lembrar o que lle pasou antes de chegar a Alfea. As Winx din que hai 4 días que a rescataron. Stella quere saber cousas dela, pero Musa cita a Brandon e Stella ponse nerviosa. Flora di que non durmiron, e as outras propoñen ir durmir. Bloom está preocupada.

Na prisión de Rocha Luz, os presos andan libremente por alí porque teñen que converterse en bos. Un dos gardas di que os presos están máis libres nesa prisión que el. O outro garda di que teñen que crer na rehabilitación, a paz e a meditación. Pero logo comentan que as Trix seguen igual sen facer progresos, e están a gritar.

Nunha zona da prisión, as Trix están a andar en círculos. Entón un altofalante informa o tempo, e logo segue unha música. Stormy lembra o que as Trix fixeron en Magix, e o altofalante di que ten que esquecer todos os pensamentos maléficos. Logo Icy tamén lembra cando loitou contra Bloom. Stormy desconecta o altofalante, pero segue falando. Ela quere non oír esa voz, e resulta que hai moitos máis. Icy di que cando saír será máis mala que nunca.

Nunha clase de WizGiz, Bloom ten soño porque non durmiu pola noite. WizGiz está a falar de luz e escuridade. Pregunta que hai na súa man, e non hai nada. Entón apaga a luz e sae na súa man unha bóla de luz, e di que luz e escuridade son polos opostos. Entón Bloom dórmese, e WizGiz espértaa e rífaa. Logo pregunta que falta no debuxo, e Bloom di unha bobada.

A moza esperta, e Flora informa ás outras. Entón mira as súas mans e sabe que pasaron catro días. Pregunta por alguén chamada “Piff”, e queda durmida de novo. Vén a enfermeira, e a moza volve espertar. Entón Bloom sabe que a moza fala da súa Pixie, e dille onde está. Stella grita dicindo á moza que ten que comer, e esperta Piff. Bloom ve que o bocadillo se desfai, e vai parar á cara da moza.

As Winx preséntanse, e a moza preséntase como Layla Pelay. Logo di que perdeu ás Pixies, e Bloom di que teñen que falar coa directora Faragonda e axudala. Layla explica que ela sempre ía á aldea das Pixies, pero un día a aldea estaba baleira e as Pixies foron secuestradas. Layla descubriu o rastro que deixaron, e foi parar a un castelo onde vive un Fénix malvado, e absorbeu a súa enerxía. Cando escapou, non puido rescatalas.

No castelo, un paxaro informa o Fénix que o que el busca, o Códice, está dividido en catro partes. E tres das partes están nas escolas de Magix. Na prisión onde están as Trix, o Fénix chega ao mosteiro. Os gardas din que non saben como veu, xa que hai un muro dimensional.

Mentres tanto, as Trix están aburridas e irritadas polo ambiente do mosteiro. Entón o ceo vólvese escuro, e as Trix alégranse. O Fénix aparece e leva ás Trix. Unha vez fóra do mosteiro, o Fénix devolve ás Trix a súa roupa que tiñan antes de quedar presas.

Os gardas chegan, e resulta que son inmunes á maxia das Trix. Pero o Fénix dá ás Trix novos poderes que as fai máis poderosas, e informa que estes poderes se chaman Gloomix. Entón as Trix atacan aos gardas, e eles acaban conxelados. Entón o catro escapan. En Alfea, Bloom presente que pasará algo malo.

Feitos importantes[]

  • Un novo curso comeza en Alfea
  • Icy, Darcy e Stormy volven neste episodio.
  • Lord Darkar dá ás Trix un novo poder chamado Gloomix.

Curiosidades[]

  • O Gloomix de Stormy está no seu brazo dereito, o Gloomix de Darcy está no seu brazo esquerdo e o Gloomix de Icy está en forma de colar no seu pescozo.

Galería[]

Advertisement