Wiki Winx Club
Advertisement

O reino dos diamantes é o episodio 22 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 178 en total. Estreouse o 1 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento

As Winx mostran a Faragonda a toupa que Kalshara secuestrara, e aseguran á súa directora que ela e a toupa están enlazadas. No entanto, Faragonda case non ten lembranzas sobre el. Pero ninguén sabe que é Kalshara disfrazada da toupa, e Faragonda acaba por aceptalo.

Faragonda mostra unha estatua da toupa e cóntalles como conseguiu aquela estatua da toupa. A estatua era moi brillante e feita de diamantes. Pensando que talvez estea aí o poder supremo, as Winx usan o Tynix para entrar no Mini-mundo Diamante.

No Mini-mundo Diamante, elas coñecen os Reis Diamante que estaban nunha festa. Elas van preguntar aos Reis sobre o poder supremo. Pero para pasar polos gardas, elas teñen que dar un agasallo aos Reis.

Cando entraron alí, un cociñeiro do palacio mostra unha comida feito por el, pero como os diamantes non creceron saudables, aos Reis non lle gustou. As Winx avanzan e preguntan sobre o poder supremo. O rei di que é un diamante e a raíña di que posiblemente estea na árbore Diamante.

Na árbore, as Winx coñecen un cociñeiro dos reis, que as leva a unha gruta e alí hai unha flor que contén o poder supremo. Flora colle o poder supremo, grazas á maxia do Tynix e aínda consegue facer que as flores Diamante dean diamantes máis saudables. O diamante do poder supremo é tan brillante que as fadas nunca viran nada así tan brillante.

Pero o diamante do poder supremo non paraba quieto e ninguén o conseguía coller. Nese momento a gruta comeza a esborrallarse, pero Flora queda presa ao tentar coller o diamante do poder supremo. Bloom tenta socorrer Flora, pero non o consegue.

Da estatua da toupa sae o diamante, e Kalshara consegue coller o diamante fuxindo con el. Faragonda decátase que foi enganada. Kalshara mostra a Brafilius o diamante, dicindo que só foi grazas a ela que conseguiron o poder supremo e el é un inútil.

Brafilius, furioso, rouba o diamante a Kalshara e convértese no seu novo gardián, evocando as Trix do Legendarium cos seus novos animais máxicos, mentres que aínda no Mini-Mundo Diamante, as Winx tentan salvar Flora do monte de pedras. O episodio acaba co regreso das Trix.

Feitos importantes

  • As Trix aparecen de novo desde o episodio 156 (Winx inesquecibles).
  • Descóbrese que o poder supremo está contido nun diamante.
  • Na árbore do reino diamante, as Winx descobren o poder supremo.
  • Primeira aparición do mini-mundo Diamante.
  • Kalshara e Brafilius rouban o poder supremo.
  • Brafilius convértese no gardián do poder supremo.
  • Flora queda presa ao retirar o diamante que contén o poder supremo.

Curiosidades

Galería

Advertisement