Wiki Winx Club
Advertisement

O segredo da harmonía é o episodio 22 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 204 en total. Estreouse o 13 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento

O episodio empeza continuando a historia do episodio anterior, onde en Melodía, Musa atópase en casa do seu pai, Ho-Boe, e descobre que Riven veu visitala. Pero ela non sabe que o mozo se atopa baixo un feitizo hipnótico de Darcy, e a bruxa fai que Riven ataque Musa.

Mentres tanto, na pista de baile da discoteca de Melodía, o concurso de baile continúa e Bloom e Icy enfrontaranse para gañar o premio. Quen gañar o premio, obterá a coroa e a quinta Estrela Primaria, tal como Galatea decidiu. Pero Tecna cre que algo non é correcto, o Cofre das Estrelas dixo que precisan de harmonía para obter a estrela, pero non hai harmonía nun enfrontamento un contra un.

Musa está a ser atacada por Riven, baixo o control de Darcy. Pero Riven resístese, xa que non quere atacar a persoa que quere. Musa decátase que Riven está a ser controlado, e axúdao a resistirse. Riven revela que Darcy está a controlalo, e a bruxa decide aparecer e tentar aumentar o control sobre Riven. Pero Riven consegue expulsar Darcy, e Musa abraza Riven. Eles dous reconcílianse cando Musa se decata que el realmente a quere.

Ho-Boe vén ver que pasa, e saúda Riven. Pero Darcy aínda está decidida a atacalos, Musa fai que o seu pai entre en casa como protección e ela e Riven prepáranse para atacar Darcy, mentres a bruxa chama uns monstros de sombras para que a axuden. Na pista de baile, Bloom gaña Icy. En casa de Musa, Musa decide transformarse, e vendo que os poderes de Musa e as habilidades de Riven son superiores ás súas forzas, Darcy decide retirarse.

Na pista de baile, Bloom e Icy enfróntanse, e finalmente Bloom gaña. Logo sobre a pista de baile Bloom enfróntase con Stormy, e despois de dúas roldas de igualdade, Bloom perde a terceira rolda. En casa de Musa, ela, o seu pai e Riven están a descansar e a falar, e entón Musa vai ao cuarto da arpa da harmonía e empeza a tocar a arpa, e Riven tamén vén tocar a arpa, xa que é preciso de polo menos dúas persoas para poder tocar a arpa da harmonía. Na final do concurso de baile, Layla e Stormy enfrontaranse.

Empeza o baile, e Layla sabe bailar moi ben. Stormy está a piques de perder, cando decide distraer Layla dicíndolle que Darcy non está con elas porque está a atacar Musa e o seu pai. Layla perde a concentración, e debido á distracción de Stormy, perde. Stormy gaña o premio, polo tanto obtén a coroa e a estrela. Pero de súpeto a estrela desaparece da coroa, e teletranspórtase en casa de Musa, encima de Musa e Riven.

Mentres Musa e Riven collen a estrela, Darcy atópase con Stormy e Icy e dilles que non valía a pena atacar Musa. Pero entón un dos monstros de Darcy vén dicir á súa xefa que Musa e Riven teñen a estrela (nunha lingua que só a entende Darcy). Stormy tira a coroa ao chan, e un monstro cóllea e colócaa na súa testa. As Trix veñen coller a estrela en casa de Musa, e nun ataque, Icy conxela Riven.

Musa non pode loitar contra as Trix ela soa, pero as demais Winx veñen axudala. Véndose superadas en número e forzas, as Trix vanse. Bloom usa a Chama do Dragón para desconxelar Riven, e deciden facer un concerto. No concerto, Musa e Riven tocan a arpa da harmonía, mentres Bloom canta e as demais Winx tocan os seus instrumentos. Galatea, Ho-Boe e os demais habitantes de Melodía veñen ver o concerto. Ao final do episodio, Musa e Riven reconcílianse e retoman o noivado.

Feitos importantes

Curiosidades

  • Valtor non aparece nin neste episodio nin no anterior, que ambos forman unha mesma historia que dura dous episodios.
  • O problema da relación entre Musa e Riven arránxase neste episodio, onde eles dous empezan a ser noivos de novo.

Galeria

Advertisement