FANDOM


O segredo de Orion
Tempada 8, episodio 5
Winx187
Información do episodio
Número de episodio total 187
Data do trinque (Italia) 19 de abril do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Il segreto di Orion
Nome en inglés (EUA) Orion’s Secret
Sucesión de episodios
anterior
Estrela do pop!
seguinte
O destino nefasto
da estrela faro
Lista de episodios

O segredo de Orion é o episodio 5 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 187 en total. Estreouse o 19 de abril do 2019 en Italia.

Argumento Editar

Grazas ao seu feitizo de converxencia Cosmix, as Winx devolven a enerxía luminosa ao núcleo de Peripla, pero agora Valtor planea destruílos por última vez, facendo que a enteira estrela-nave sexa aspirada por un buraco negro alimentado polo seu feitizo escuro. O capitán de Peripla encarga aos seus Lumens que aumenten a enerxía estelar do núcleo para poder investir a ruta da nave, pero infelizmente os Lumens son demasiado débiles e a nave ameaza con ser aspirada, completamente. Mentres tanto Orion, decatándose da ameaza, dáse présa en atopar o cuarto no que o rubí é custodiado para roubalo.

Seguindo a intuición de Bloom, as Winx concentran unha vez máis os seus poderes Cosmix, pero esta vez sobre os mesmos Lumens, conseguindo potenciar e recargar o núcleo. O plan de Bloom ten éxito e as Winx salvan unha vez máis a situación. O Capitán dá as grazas ás fadas pola súa axuda, pero pide unha explicación a Twinkly sobre a verdadeira identidade das seis heroínas.

A Lumen vese obrigada a confesarlle que as seis raparigas non son só estrelas do pop, senón tamén fadas ao servizo da raíña Dorona, cuxa misión é salvar as estrelas da ameaza de Valtor, un feiticeiro potente e malvado. Orion finalmente consegue atopar o rubí que estaba a procurar, pero ouvindo voces que se están a achegar cara á súa dirección, é obrigado a esconderse utilizando un aparello que lle permite volverse invisible. Trátase dos Especialistas, que se reúnen así coas súas noivas.

Agora que todo parece que se solucionou, as Winx deciden retomar o seu concerto. No entanto, antes do concerto, Sky decide manter a promesa que fixo a Bloom e grazas á axuda dos Lumens, organiza para ela o encontro perfecto, un romántico pícnic entre as estrelas da galaxia. Riven tenta achegarse a Musa, pero ouvindo a presenza do misterioso ladrón de rubís, lánzase sen explicacións a perseguilo.

Riven está a perseguir Orion, pero o ladrón consegue despistar Riven e apoderarse do rubí de Peripla, e cando xa o roubou foxe a bordo da súa nave. Deste xeito consegue interromper o concerto das Winx e roubar enerxía á estrela-nave, que acaba por apagarse e perderse á deriva no espazo. Nese mesmo instante, por un segundo feitizo, Valtor enfeitiza os asteroides para crear unha criatura escura que lanza ataques contra Peripla.

Mentres os Especialistas marchan para perseguir o misterioso ladrón, as Winx utilizan os seus poderes Cosmix e enfróntanse contra a criatura escura. No entanto, o feiticeiro consumiu demasiado poder para crear o buraco negro e apenas consegue controlar a súa criatura. Ningún ataque máxico das Winx parece conseguir raiar a súa coraza, pero as fadas non se poden permitir que o monstro se achegue á estrela-nave.

Tecna, que se decata que hai unha brecha no sistema, entende que a criatura está a ser protexida maxicamente por Valtor, pero que non sempre está baixo o control total do feiticeiro. Polo tanto, ela incita as súas compañeiras a golpear á criatura asteroide nos únicos instantes nos que o control do feiticeiro é mínimo, e finalmente conseguen destruíla. Unindo as súas forzas, os Especialistas conseguen coller o misterioso ladrón e despois de levalo cara a Peripla, obríganlle a devolver o rubí, reactivando o núcleo de Peripla.

Na sala de comando, o misterioso ladrón de rubís revela que se chama Orion e que non é un delincuente senón un astro-científico. El non tiña a intención de roubar o núcleo de Peripla para enriquecerse, senón para usalo para devolver a luz ao núcleo de Iridia, a estrela que ilumina Prometia, o seu planeta nativo. Deste xeito a vexetación do planeta non será obrigada a murcharse para sempre e a súa xente poderá volver alimentarse.

O mozo recoñece o seu erro e as Winx deciden tomar en serio a súa causa, prometéndolle que o axudarán a salvar Prometia utilizando os seus poderes Cosmix. No entanto Riven, que aínda non quere confiar no mozo, di a Musa que ten que estar moi atenta durante a súa nova misión. Mentres tanto, os Especialistas ocuparanse de devolver os rubís roubados por Orion aos seus lexítimos propietarios.

Feitos importantes Editar

  • Neste episodio revélase a verdadeira identidade de Orion, a súa procedencia (Prometia) e os seus verdadeiros motivos.

Curiosidades Editar

  • Obscurum non fai ningún ataque directo neste episodio, e os Staryummys non aparecen neste episodio.
  • A relación entre Bloom e Sky arránxase.

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.