O segredo do unicornio é o episodio 13 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 169 en total. Estreouse o 27 de setembro do 2015 en Italia.
Argumento[]
O episodio empeza nun bosque, onde un unicornio é atacado por unha clase de monstro que había nun río infectado e o monstro toma o control do unicornio. En Gardenia, Stella está a ollar a vitrina dunha tenda de roupas, e Bloom atópase no seu coche e dille que Roxy está á espera delas, e Stella sobe no coche.
No Parque de Rescate para Animais, as Winx empezan a inauguración do parque. Este será un sitio onde coidarán dos animais abandonados e feridos traídos polos cidadáns de Gardenia. Unhas mozas traen uns animais abandonados, e as Winx din que non se preocupen porque se ocuparán elas, dos animais. Logo xunto cos presentes as Winx tamén dan unha volta polo parque.
As Pixies tamén aparecen e queren demostrar ás Winx que as poden axudar. As Pixies tentan coidar dos tigres de Sumatra, pero elas causan máis caos ca axuda co que for. Bloom e Stella chegan demasiado tarde, pero conseguen manter a orde e danlles ás Pixies unha nova tarefa, mentres que Stella fai un feitizo cunhas esponxas escumexantes para limpalos.
Os paxaros picapaus aparecen, porque sucede algo e as Winx terán unha nova misión na Terra. As Pixies queren vir, pero Bloom dilles que teñen que quedar e manter o control no parque e vixiar os animais. As Winx van con Roxy, e ela di que nas Montañas Qinling de China, uns osos panda están en perigo. As Winx transfórmanse, e van ata China. Pero Roxy aínda detecta outro animal moito máis potente.
En China, unha moza de nome Mei Li está a bailar un baile asiático á beira duns osos panda, pero eles non o fan ben. As Winx chegan e ven esta moza que quere protexer os osos panda. A moza ataca as Winx e elas dinlle que queren axudala. Tamén Stella engade que os abanos se utilizan dun xeito distinto.
As Winx tentan gañar a confianza da moza. De súpeto, con todo un unicornio chega e empeza a atacalos. As Winx axudan Mei Li a protexer os osos. O unicornio dispáralles aos osos panda por unha banda e co seu corno atrapa as Winx e os osos panda nunha gaiola de bambú. Bloom e Mei Li son as únicas que non foron atrapadas. Xuntas, elas descobren a fonte dun lago con maxia salvaxe, o motivo polo cal o unicornio é violento.
Mei Li preséntaselle a Bloom e di que quere protexer os osos panda, e que se fiará das Winx. Entón Bloom e Mei Li descobren que o unicornio bebeu da auga do río, e por isto se transformou nun monstro. O unicornio chega e ataca Mei Li. Mei Li é ferida e Bloom é a única persoa que o pode controlar. Ela tenta ligarse co unicornio para volver levalo á súa forma normal.
Bloom lígase co unicornio, e o unicornio é liberado. O resto das Winx e os osos panda son libres de novo. O unicornio volve en si, e co seu corno cura Mei Li logo de que limpa a auga da maxia salvaxe do río contaminado. Os osos panda están contentos, e despídense de Mei Li, quen agora volverá á súa aldea e atopar os homes interesados pola protección dos animais.
Feitos importantes[]
- Elas vólvese o animal máxico de Bloom.
- As Winx fanse amigas dunha rapariga de orixe chinesa de nome Mei Li.
Curiosidades[]
- Nunha escena Bloom e Flora teñen as cores das ás trocadas entre elas.
- China é unha localización da Terra que xa apareceu na serie. Por primeira vez esta apareceu na tempada 6.





