FANDOM


O tesouro máxico de Syderia
Tempada 8, episodio 11
Winx193
Información do episodio
Número de episodio total 193
Data do trinque (Italia) 26 de abril do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Il tesoro magico
di Syderia
Nome en inglés (EUA) Treasures of Syderia
Sucesión de episodios
anterior
O espertar da Hidra
seguinte
Festa sorpresa na Terra
Lista de episodios

O tesouro máxico de Syderia é o episodio 11 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 193 en total. Estreouse o 26 de abril do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza con Valtor que convoca Obscurum para concederlle a última posibilidade de librarse das Winx. Pero o feiticeiro perde a paciencia con Obscurum e castígao enviándoo á Dimensión Trampa. Para demostrarlle a súa capacidade, Obscurum vai a Syderia onde, cun feitizo, dorme os Lumens que moran nesta estrela e consegue convencelos de que cando as fadas do arco da vella máxico chegaren a Syderia, roubaranlles o seu tesouro escondido.

Stella reúnese coas Winx para que a axuden a decidir cal par de pendentes é mellor, pero Flora, preocupada pola súa actual situación con Helia, non lle presta atención. Os dous tiveron unha discusión a tarde anterior, pero Bloom e as outras Winx fanlle entender que é normal que nun parella un teña opinións diferentes có outro. Por exemplo, a Stella non lle gusta o novo chapeu que Brandon lle comprou, pero está feliz porque o mozo sempre pensa nela porque lle envía mensaxes continuamente.

Mentres tanto, en Fonte Vermella, Helia espera que Flora non se enfadase con el e entón, para facerlle saber que non deixou de pensar nel, Flora fai florecer unha rosa máxica xusto diante dos seus ollos. Apreciando moito o xesto, Helia enseguida pídelle que se vexan e os dous teñen un encontro en Alfea, onde aclaran que, a pesar da diferenza de opinións, continuarán a quererse o un ao outro.

Twinkly advirte que alguén está a atacar o núcleo de Syderia e as Winx, acompañadas por Knut e Kiko, van enseguida cara ás estrelas. Precedendo os seus acompañantes, as Winx transfórmanse en fadas Cosmix, pero despois de chegar ao núcleo, decátanse que ninguén se atopa no núcleo. Mentres tanto, os cavernícolas Lumens de Syderia espértanse e recoñecen as Winx como as “fadas do arco da vella” que viñeron a Syderia roubar o seu tesouro, polo tanto atácanas. Obrigadas a fuxir, as Winx escóndense nunha cova, pero no seu interior son seguidas polos mesmos Lumens.

Completamente tranquilo, Obscurum e os seus Staryummys secan a luz do núcleo de Syderia, e a continuación Obscurum destrúe a estrutura do núcleo co seu cetro, prexudicándoo permanentemente. A destrución do núcleo causa a liberación dunha barreira máxica que, envolvendo a enteira estrela, impídelles ás Winx que marchen.

Cun feitizo, Tecna entende que os Lumens están realmente convencidos de que as Winx son inimigas determinadas a roubar o seu tesouro e que o causante é Obscurum. Mentres Twinkly, Kiko e Knut teñen os Lumens ocupados facendo bromas, as Winx atopan o que parece ser o corazón e o tesouro de Syderia: unha columna de cristais máxicos. Analizando a súa estrutura resistente, Tecna pensa que esta é a causa da estraña aurora boreal sobre Syderia. Cando o núcleo foi aceso, produciu tanta luz que cubriu a do cristal.

As Winx, en ausencia do núcleo, utilizan entón o poder Cosmix para devolver a luz do cristal, facendo que este volva iluminar todo Syderia. Os Lumens entenden que as “fadas do arco da vella” non son as súas inimigas e permiten ás Winx que leven con elas un anaco de cristal, co que Orion poderá construír os núcleos artificiais que iluminarán as estrelas cuxos núcleos foron destruídos por Obscurum e mailos seus Staryummys.

Na súa gorida escura, Valtor está determinado a destruír por última vez as Winx, polo tanto decide que atacará Bloom no seu punto máis débil, ferindo os seus seres queridos: atacará os pais adoptivos de Bloom na Terra. Despois disto, concederá a Obscurum o permiso de atacar Lumenia e de conquistala.

Feitos importantes Editar

  • Knut e Kiko viaxan polo espazo nunha misión por primeira vez.
  • Flora e Helia reconcílianse.

Curiosidades Editar

  • Os Lumens de Syderia, que son cavernícolas, teñen un aspecto escuro e son semellantes a zombies.
  • O núcleo de Syderia é o segundo núcleo que queda roto e non lle poden devolver a súa luz, sendo o primeiro o núcleo de Iridia. Pero a diferenza do núcleo de Iridia, que foi roto por Orion sen querer, neste episodio Obscurum rompe expresamente o núcleo de Syderia para que non sexa restaurado.
  • Orion é mencionado neste episodio, e suponse que aparecerá de novo máis tarde.
  • Aparece unha escena de Bloom co Butterflix cando Valtor está a ver imaxes da rapariga para atacala.

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.