Wiki Winx Club
m (1 revisión)
Etiqueta: apiedit
Línea 48: Línea 48:
 
Winx-5x14-6.jpg
 
Winx-5x14-6.jpg
 
</gallery>
 
</gallery>
  +
 
[[Categoría:Episodios]]
   
 
[[ca:El tron de ľemperador]]
 
[[ca:El tron de ľemperador]]
 
[[en:Winx Club - Episode 514]]
 
[[en:Winx Club - Episode 514]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 514]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 514]]
[[nl:Winx Club - Aflevering 514]]
+
[[nl:WC514]]
 
[[pt:O trono do imperador]]
 
[[pt:O trono do imperador]]
 
[[pt-br:O Trono do Imperador]]
 
[[pt-br:O Trono do Imperador]]
 
[[ro:Tronul împăratului]]
 
[[ro:Tronul împăratului]]
[[Categoría:Episodios]]
 

Revisión del 04:45 25 nov 2016

O trono do emperador é o episodio 14 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 118 en total. Estreouse o 8 de abril do 2013 en Italia.

Argumento

O episodio empeza na Terra, onde as Winx están na praia de Gardenia a celebrar que conseguiron o Sirenix. Pero está cheo de lixo, e entón veñen os Especialistas e Mike e Vanessa. Eles explican que este lixo vén do fondo do mar.

As Winx divídense en grupos para recoller os diferentes tipos de lixo, e a xente de Gardenia tamén axuda a recoller. Layla pensa que Tritannus está detrás deste lixo. No Océano Infinito, Tritannus e as Trix planean apoderarse do trono do emperador, a fonte do Océano Infinito, para poder dominar todos os mundos. Daphne di que o Sirenix está maldito, pero as Trix non a cren.

Tritannus e as Trix chegan ao trono do emperador e Tritannus sóbese, pero non funciona e Tritannus volve ao seu aspecto normal. Daphne volve dicir que o Sirenix está maldito, e Tritannus encérraa. Pero Tritannus precisa de enerxía, e Icy di que teñen que ir á Terra.

As Winx destrúen o lixo, e agora a praia está limpa. Stella vai facer un vestido biodegradable, mentres Layla está preocupada e Tecna di que hai unha illa de lixo que flota no mar preto de Gardenia. Brandon anuncia que Stella sairá cun novo vestido, e o vestido é orgánico e biodegradable. Pero Kiko empeza a comerse o vestido, e Stella ponse triste.

Brandon atopa Stella a chorar na praia, e Brandon di que os vestidos non son moi bos. Stella enfádase con el. Na praia vén máis lixo, e as Winx transfórmanse para evitar que Tritannus se aproveite do lixo. Entoes as Trix e Tritannus chegan á illa de lixo, e Stormy crea un tornado para que o lixo se estenda.

Tritannus volve ter enerxía, mentres as Winx chegan á illa de lixo. Entón Stormy fai que as Winx sexan absorbidas polo tornado. As Winx cóllense das mans, e usan unha converxencia Sirenix para romper o tornado. As Trix e Tritannus escapan ao Océano Infinito, e as Winx tamén entran.

No Océano Infinito, as Winx atópanse coas Selkies. Elas din que viron Tritannus, e as Winx atopan Tritannus e as Trix. As Trix sorpréndense porque as Winx están no Océano Infinito, e as Selkies dan ás Winx novos poderes. As Winx atacan Tritannus, pero Tritannus chama os mutantes.

Tritannus ensina que os mutantes son Neptuno, Ligea, Nereus e Tressa. Entón Tritannus e as Trix deciden escapar. Layla ponse triste porque a súa familia foi convertida en mutantes. Na praia de Gardenia, Mike e Vanessa din ás Winx que destruirán a illa de lixo. Mentres tanto, Layla está preocupada pola súa familia.

Feitos importantes

  • Tritannus revela a Layla que a familia real dos océanos de Andros son mutantes.
  • Unha pila de lixo está a contaminar o océano en Gardenia.

Curiosidades

  • Cando Layla suxeitou a man de Tecna no interior do tornado, era a súa man dereita que suxeitaba a man de Tecna, mais máis tarde, cando Musa estaba a piques de xuntarse, ela xa estaba a suxeitar Tecna coa man esquerda.
  • Nunha escena, antes que as Winx se afrontasen con Tritannus, a fita no brazo de Tecna faltaba.

Galería