FANDOM


O val dos unicornios voadores
Tempada 8, episodio 18
Winx200
Información do episodio
Número de episodio total 200
Data do trinque (Italia) 2 de agosto do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano La valle degli unicorni alati
Nome en inglés (EUA) Valley of the Flying Unicorns
Sucesión de episodios
anterior
O vestido da raíña
seguinte
A torre máis aló das nubes
Lista de episodios

O val dos unicornios voadores é o episodio 18 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 200 en total. Estreouse o 2 de agosto do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza nunha clase do profesor Palladium, na que as Winx e as demais alumnas teñen que facer un feitizo para cambiar o pelo. Sen dúbida, Stella ofrécese voluntaria, pero Palladium di que o ten que facer alguén que estea concentrado pero que teña o mínimo de entusiasmo posible, descartando Stella. Palladium pensa en Bloom, pero a moza está a pensar en Sky e non está concentrada: cando ela fai o feitizo, o pelo de Palladium convértese nun niño para paxaros.

Nos xardíns de Alfea, Bloom confesa ás Winx que está preocupada polo seu noivo, xa que non sabe nada del desde hai algúns días. De súpeto, Twinkly vén a Alfea, e di ás Winx que só quería estar un intre con elas, xa que son as súas amigas. Pero entón o Cofre das Estrelas aparece e vén dicir ás Winx que a terceira Estrela Primaria apareceu nun sitio chamado Monoceros. Twinkly quere ir, ofrecéndose como guía, e fala duns unicornios voadores que viven alí.

Na súa fortaleza escura, Valtor está a escoitar todo, e manda que as Trix lle traian a terceira Estrela Primaria. As Winx chegan a Monoceros, un planeta no que existen montañas que flotan no ceo. Mentres tanto, Sky e Diaspro tamén están en Monoceros, á procura do Medallón Perdido de Eraklyon, unha mentira inventada por Diaspro para pasar tempo co mozo. Sky e Diaspro atopan as Lumens de Monoceros, e grazas a elas, Sky descobre que a misión secreta é falsa.

As Winx atopan algúns unicornios, pero estes teñen medo das Winx e marchan correndo. As Lumens de Monoceros veñen preguntar ás Winx por que viñeron a este lugar, e Twinkly dilles que as Winx son as súas amigas e que están nunha misión relacionada coa Estrela dos Desexos. As Lumens de Monoceros aceptan axudar as Winx.

As Lumens de Monoceros din ás Winx que a terceira Estrela Primaria se atopa na Torre Corno, nun sitio “máis aló das nubes”, pero as Winx non poden utilizar as súas transformacións para alcanzar este lugar, só os unicornios voadores poden cruzar a barreira máxica de protección da Torre Corno. As Winx din que os unicornios voadores teñen medo delas, pero as Lumens din ás Winx que cada unha delas se ten que unir maxicamente cun unicornio, e as Lumens axudaranas.

Bloom, Flora, Musa, Tecna, Layla e Stella únense con seis unicornios voadores, pero Stella ten problemas co seu unicornio. Asteria, a xefa das Lumens de Monoceros, fala de alguén que se cadra non as deixará pasar. Mentres tanto, Sky está a discutir con Diaspro pola súa mentira relacionada coa misión falsa, cando de súpeto todo empeza a tremer, e as Lumens mencionan un unicornio negro e din que teñen medo. Sky e Diaspro son atacados polo unicornio negro. Sky pon Diaspro nun sitio escondido, pero o unicornio negro acurrala Sky e prepárase para matalo…

Feitos importantes Editar

  • Sky descobre que Diaspro o estaba a enganar e que a misión é falsa.

Curiosidades Editar

Galeria Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.