FANDOM


O vestido da raíña
Tempada 8, episodio 17
Winx199
Información do episodio
Número de episodio total 199
Data do trinque (Italia) 1 de agosto do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Il vestito della regina
Nome en inglés (EUA) Dress Fit for a Queen
Sucesión de episodios
anterior
A festa do Sparx
seguinte
O val dos unicornios voadores
Lista de episodios

O vestido da raíña é o episodio 17 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 199 en total. Estreouse o 1 de agosto do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza nunha clase na sala das simulacións, na que o profesor Palladium encarga ás estudantes, unha a unha, a afrontar as súas propias inseguridades. Stella, ao contrario das súas compañeiras, afirma que ela non ten ningunha inseguridade.

A primeira a afrontar a proba é Musa, cuxa inseguridade é cometer unha equivocación durante unha importante exhibición sobre o escenario. A inseguridade de Flora é ser incapaz de axudar os demais, particularmente as plantas; mentres que Tecna teme perder completamente o control dunha situación. É a quenda de Layla, ela teme perder a concentración. Bloom, no entanto, descobre que a súa inseguridade máis grande é perder os que ama (e Sky). Afrontando a súa proba, Stella entende que a súa inseguridade reside xusto na difícil relación que ten cos seus pais, por mor do seu divorcio.

No seu cuarto de Alfea, mentres están a descansar, as Winx reciben a visita do máxico Cofre das Estrelas, que veu alí para informalas respecto á súa próxima misión para recompoñer o cofre. Esta vez as Winx terán que ir a Solaria, o planeta de Stella, á procura da segunda Estrela Primaria.

O obxecto máxico será fácil de localizar pero difícil de alcanzar xa que, para obtelo, as Winx terán que vestir os vestidos adecuados para unha verdadeira “raíña”. Segura de si, Stella vai a Solaria xunto ás outras Winx, e alí a súa nai, a raíña Lúa, axudaraa a crear o vestido perfecto para unha raíña. Mentres tanto Valtor, para impedir ás Winx que obteñan a segunda Estrela Primaria, manda as Trix a impedírllelo.

As Winx van a unha cidade de Solaria e entran nunha tenda de gnomos, e para obter as pezas, teñen que facer que os gnomos rían. Stella non sabe facer bromas, pero as demais Winx axúdana e os gnomos danlle as pezas. As Winx volven ao palacio real, e alí preparan o vestido para unha raíña e un pastel para os pais de Stella. Ao final, o vestido está preparado.

Cando Stella conseguiu crear o vestido perfecto, ábrese para ela un portal dourado de enerxía que leva as Winx e as Trix á dimensión na que a segunda estrela se atopa custodiada. Nunha proba de auto-confianza, no entanto, Stormy consegue demostrar todo o seu valor e o seu carisma, derrotando Stella e adxudicándose a segunda Estrela Primaria, que enseguida lla dá a Valtor. O feiticeiro promételle que se continuar desta maneira, liberaraa moi cedo da unión máxica que a ten atada a el.

De novo no palacio de Solaria, as Winx están a preparar a festa, pero Stella está triste porque fallou en obter a segunda Estrela Primaria, e agora as Trix e Valtor téñena. No entanto, as Winx consólana, e os pais de Stella tamén a veñen consolar e abrázana.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • Neste episodio regresan Lúa e Radius á serie, desde o episodio “O banquete de Solaria”.
  • Ata agora, cada grupo obtivo unha Estrela Primaria: a primeira foi conquistada polas Winx no episodio anterior; e a segunda foi conquistada polas Trix neste episodio, no entanto, as outras cinco estrelas aínda se atopan desaparecidas.

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.