Wiki Winx Club
Advertisement

O vestido da raíña é o episodio 17 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 199 en total. Estreouse o 1 de agosto do 2019 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nunha clase na sala das simulacións, na que o profesor Palladium lles encarga ás estudantes, unha por unha, a afrontaren as súas propias inseguridades. Stella, ao contrario das súas compañeiras, afirma que ela non ten ningunha inseguridade.

A primeira que afronta a proba é Musa, cuxa inseguridade é cometer unha equivocación durante unha importante exhibición sobre o escenario. A inseguridade de Flora é ser incapaz de axudar os demais, particularmente a vexetación; mentres que Tecna teme perder completamente o control dunha situación. É a quenda de Layla, esta teme perderse a concentración. Bloom, no entanto, descobre que a súa inseguridade máis grande é perder os que ama (e Sky). Afrontando a súa proba, Stella entende que a súa inseguridade está xusto na difícil relación que ten cos seus pais, por causa do seu divorcio.

No seu cuarto de Alfea, mentres están a descansar, as Winx reciben a visita do máxico Cofre das Estrelas, que veu alí informalas sobre a súa próxima misión para recompoñer o cofre. Esta vez as Winx terán que ir a Solaria, o planeta de Stella, á procura da segunda Estrela Primaria.

O obxecto máxico será fácil de localizar pero, difícil de alcanzar. Para obtelo, as Winx terán que vestir os vestidos adecuados para unha verdadeira “raíña”. Segura de si, Stella vai a Solaria. Xunto coas outras Winx, a súa nai, a raíña Lúa, axudaraa a crear o vestido perfecto para unha raíña. Mentres tanto Valtor, para impedir ás Winx que obteñan a segunda Estrela Primaria, manda as Trix a impedírenllelo.

As Winx van a unha cidade de Solaria e entran nunha tenda de gnomos. Para obteren as pezas, teñen que facer que os gnomos rían. Stella non sabe facer bromas, pero as demais Winx axúdana e os gnomos danlle as pezas. As Winx volven ao palacio real, e alí preparan o vestido para unha raíña e un pastel para os pais de Stella. Ao final, o vestido está preparado.

Cando Stella logrou crear o vestido perfecto, ábrese para ela un portal dourado de enerxía que leva as Winx e as Trix á dimensión na que a segunda estrela se atopa custodiada. Nunha proba de auto-confianza, Stormy, no entanto, logra demostrar todo o seu valor e o seu carisma, derrotando Stella e obtendo a segunda Estrela Primaria, que enseguida lla dá a Valtor. O feiticeiro promételle que se continuar desta maneira, liberaraa moi cedo da unión máxica que a ten atada a el.

De novo no palacio de Solaria, as Winx están a preparar a festa, pero Stella está triste porque non acadou a súa misión de obter a segunda Estrela Primaria, e agora as Trix e Valtor téñena. No entanto, as Winx consólana, e os pais de Stella tamén a veñen consolar e abrázana.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Neste episodio regresan Lúa e Radius á serie, tralo episodio “O banquete de Solaria”.
  • Ata agora, cada grupo obtivo unha Estrela Primaria: a primeira foi conquistada polas Winx no episodio anterior; e a segunda foi conquistada polas Trix neste episodio, no entanto, as outras cinco estrelas aínda se atopan desaparecidas.

Galería[]

Advertisement