Wiki Winx Club
Advertisement

Perdidas nunha gota é o episodio 17 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 173 en total. Estreouse o 29 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento

O episodio comeza no Mini-Mundo Folla, onde unha criatura chamada Chloe di que o problema de Baía Paraíso é culpa das Winx, exactamente de Stella. Resulta que cando Brandon colleu flores para Stella, o equilibrio de Baía Paraíso alterouse.

Bloom e Flora tentan convencer Chloe que non era a súa intención causar dano, e ela decide crer nas Winx e levaraas ao corazón do Mini-Mundo Folla, onde unhas canles dan a vida a todo este Mini-Mundo. Pero unhas canles non están a funcionar, polas flores que Brandon colleu. Stella di que o lamenta.

Chloe dá ás Winx unhas flores para viaxar ata outro Mini-Mundo, o Mini-Mundo Gota. Teñen que entrar na auga dunha das canles, pero Stella ten medo. Ao final, as Winx seguen a auga da canle, e van baixando polo Mini-Mundo como se fose un parque acuático.

As flores desaparecen, e a canle acaba nunha fervenza, as Winx saltan, e entran no Mini-Mundo Gota, onde todo está cheo de burbullas e de auga, porque están dentro dunha gota de auga. Chloe di que as burbullas as levarán polo Mini-Mundo, e entón aparecen os animais máxicos.

As Winx ven uns peixes, que tamén se poden fundir. As Winx e os animais máxicos xogan cos peixes, pero de súpeto acábase a luz e todo está escuro. Entón un monstro con forma de globo negro ataca ás Winx e os animais máxicos, e non o poden derrotar.

O globo negro multiplícase, e colle todas as Winx, que quedan presas dentro do globo. Layla é a última en quedar presa. Entón os animais das Winx forman uns globos de auga e sálvanas, e as Winx teñen que colocar as flores máxicas nunhas cunchas.

As Winx colocan as flores, pero non funciona. O monstro volve formarse, e Layla e Squonk axudan a que as flores funcionen, e conségueo. Chloe agradécellelo ás Winx por salvar o Mini-Mundo Gota, e vaise de volta co seu equipo. As Winx tamén saen do Mini-Mundo.

En Baía Paraíso, as Winx están a camiñar, e atopan que a natureza volveu estar ben. Os Especialistas saúdan ás Winx, e elas din que conseguiron facer que a natureza volva estar na súa forma normal. Brandon quere coller as flores que quitou anteriormente, pero Stella di que non o faga, e termina o episodio.

Feitos importantes

  • É a primeira aparición do Mini-Mundo gota.

Curiosidades

  • É o primeiro episodio da tempada 7 que as Winx non se transforman.

Galería

Advertisement