FANDOM


Planetas e dimensións da serie “Winx Club”:

Magix

Artigo principal: Magix

Esta é a dimensión/o planeta principal da serie, aquí estudan as fadas, as bruxas e os especialistas.

Terra

Artigo principal: Terra

A Terra é o mundo natal dos humanos. Bloom vivía aquí ata que marchou a Alfea, e os pais adoptivos de Bloom, Mike e Vanessa, viven aquí.

Domino

Artigo principal: Domino

Aquí é onde naceu Bloom, a fada da Chama do Dragón.

  • O rei Oritel e a raíña Marion son os pais biolóxicos de Bloom e os reis de Domino.
  • Daphne é a irmá de Bloom.
  • Peg é un unicornio voador da película “Winx Club II: A aventura máxica”.
  • Serena é a Selkie de Bloom, e a Selkie dos océanos de Domino.

Andros

Andros

Andros.

O palacio de Andros

O palacio de Andros.

Andros é o planeta natal de Layla e Nabu. Este planeta predominantemente é cuberto con auga amarela con illas boscosas, como a illa de Nabu. A Illa Natros, contén un volcán, a illa de guanaco tamén é de orixe volcánica, a illa de negro, moi volcánica. Hai piratas nestas illas. Hai tamén as ruínas dos edificios por enriba e por debaixo da auga, que nunca foron explicados. É gobernado polo rei Teredor e a raíña Niobe, que son os pais de Layla.

Andros ten un portal entre as súas mareas e a Dimensión Omega, e foi construído e selado hai moito tempo. Valtor coa axuda das Trix abriu este portal para escapar deixando a porta aberta. O portal aberto permitiu que os criminais sexan libres dos casquetes e causou estragos e caos en Andros, e a situación levaría á destrución do planeta, pero Tecna tivo que sacrficarse e pechar o portal da Dimensión Omega dende o interior. Hai tamén un vinclo máxico entre os mares e océanos doutros planetas na dimensión máxica. Na tempada 3, Layla nadou no océano de Magix e foi a Andros. Layla e Tressa dixeron que a profundidade do océano non chega ao fin e non ten fondo calquera. Hai unha criatura lendaria chamada Kraken, vive no fondo do océano de Andros e foi enviada por Valtor para coidar Ligea non escapar.

Hai dúas razas dominantes: sereas e humanos (humanoides). Ambas as razas son dirigadas por unha monarquía con sereas claramente matriarcais. As sereas convertéronse en monstros cando Valtor puxo un feitizo escuro sobre elas e gañou o seu control. Os humanoides existentes están na superficie do planeta. A familia de Layla é o clan dominante, e Nabu é doutra familia tamén importante. As persoas máis importantes deste planeta son:

  • O rei Teredor e a raíña Niobe son os reis de Andros.
  • Tressa é a princesa do reino submarino de Andros, a irmá de Tritannus e de Nereus e a curmá de Layla.
  • A raíña Ligea é a raíña do reino submarino de Andros, a tía de Layla e a nai de Tressa, Tritannus e Nereus.
  • O rei Neptuno é o rei do reino submarino de Andros e o tío de Layla (irmán de Teredor).
  • Nereus é o futuro rei do reino submarino de Andros, irmán de Tressa e o irmán xemelgo de Tritannus.
  • Tritannus é o irmán de Tressa e Nereus, o novo inimigo da tempada 5, e o primo de Layla.
  • Lemmy é a Selkie de Layla, e a Selkie dos océanos de Andros.

Solaria

Solaria é un dos planetas que compón a Dimensión Máxica. Aquí é onde naceu Stella, a fada do Sol e a Lúa. O planeta é considerado como un dos planetas que marcan a tendencia principal da moda. Stella ten un anel chamado “Anel de Solaria”, que é a súa fonte de poder. Solaria é descrito como un dos máis brillantes e ensolarados planetas de Magix, debido ao clima e aos dous soles de Solaria. Aquí non chove case nunca, coa excepción de cando Valtor roubou un dos soles de Solaria na tempada 3. O reinado de Solaria é conducido por unha familia real, a familia de Stella. O seu pai é o rei Radius de Solaria, xunto á nai de Stella, Lúa, que se divorciou del, pero que aínda é a raíña. Solaria ten tres soles, pero segundo sol é moi importante. Atópase baixo o control do rei Radius. Por iso brilla en Solaria xunto ao primeiro, aínda que raramente pode brillar noutras rexións se for necesario. Se este sol se apagar ou morrer, afectará o rei, porque teñen unha conexión, cousa que é mostrado no episodio 15 da tempada 5 (A columna da luz). Radius ten uns pombos que poden voar libres por Solaria. As persoas máis importantes deste planeta son:

  • O rei Radius é o rei de Solaria e o pai de Stella.
  • A raíña Lúa é a nai de Stella, renunciou á súa coroa despois de divorciarse de Radius.
  • Quimera e Cassandra son nai e filla. Cassandra ía casar con Radius, polo tanto Quimera ía ser a futura medio irmá de Stella.
  • Illiris é a Selkie de Stella, e a Selkie dos océanos de Solaria.

Linphea

Aquí é onde naceu Flora, a fada da natureza.

  • A princesa Krystal é a princesa de Linphea. Aparece na tempada 5, onde se descobre que é unha amiga da infancia de Helia. Ten poderes curativos.
  • Miele é a irmá de Flora.
  • Rolos é o pai de Flora.
  • Alyssa é a nai de Flora.
  • Desirée é a Selkie de Flora, e a Selkie dos océanos de Linphea.

Melodía

Aquí é onde naceu Musa, a fada da música.

  • A princesa Galatea é a princesa de Melodía.
  • Ho-Boe é o pai de Musa.
  • Wa-Nin é a nai falecida de Musa.
  • Sonna é a Selkie de Musa, e a Selkie dos océanos de Melodía.

Zenith

Aquí é onde naceu Tecna, a fada da tecnoloxía.

  • O rei Cryos é o rei de Zenith.
  • Electronio é o pai de Tecna.
  • Magnethia é a nai de Tecna.
  • Lithia é a Selkie de Tecna, e a Selkie dos océanos de Zenith.

Eraklyon

Aquí é onde naceu Sky, o noivo de Bloom e Especialista de Fonte Vermella. Eraklyon é tamén o planeta de Brandon e de Diaspro.

  • O rei Erendor e a raíña Samara son os pais de Sky e os reis de Eraklyon.
  • Diaspro é a fada das pedras preciosas, namorada de Sky, unha dos maiores rivais de Bloom.
  • Thoren é o primo de Sky, un dos Paladinos que se namora de Daphne.

Dimensión Omega

É unha dimensión de xeo, onde os maiores inimigos de toda a dimensión máxica están encarcerados.

Pyros

A illa dos dragones, onde Bloom foi adestrar os seus poderes cunha amiga de Faragonda, Maya.

Océano Infinito

Océano Infinito

Océano Infinito.

O Océano Infinito é unha dimensión que aparece por primeira vez no episodio 13 da tempada 5 (Fadas Sirenix). Este océano é como unha “copia do universo”, pero no canto de ser cheo de aire e baleiro, está cheo con auga. El se conecta a todos os océanos e mares dos mundos do universo. A fonte de enerxía do Océano Infinito é o Trono do Emperador, que Tritannus quere conquistar. Un lugar fundamental do Océano Infinito é a Columna da Luz, mantendo o equilibrio coa soles e estrelas dos mundos do Universo (por esta razón, cando a Columna da Luz foi destruído por Tritannus, os soles desapareceron quedando un eclipse escuro). Outro lugar é a Columna do Equilibrio, que controla o equilibrio das cousas (cando Tritannus rouba o seu selo, isto produce un desequilibrio no clima). Hai tamén a Columna do Control, que está intimamente ligado coa Columna do Equilibrio, xa que a Columna do Equilibrio dá equilibrio para as cousas e a Columna do Control dá control nas cousas.

Neste océano foron establecidos os poderes da auga. O Harmonix é o penúltimo poder, que aparece só na procura do Sirenix. O poder supremo creado foi o Sirenix. Cando unha fada toca as augas do Océano Infinito, inmediatamente gaña o Sirenix.


Lugares
AlfeaFonte VermellaTorre de NubesMagixTerraDominoAndrosMáis lugares…
O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.