Wiki Winx Club

Raíña por un día é o episodio 19 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 149 en total. Estreouse o 2 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza preto de Torre de Nubes, onde as Trix están a adestrar as bruxas da escola. Pero o adestramento non vai tan ben, xa que unhas bruxas non controlan ben os seus poderes e dúas delas usan os seus feitizos escuros para derrotaren as outras bruxas (sendo Lazuli e as súas amigas). No entanto, Selina dilles ás Trix que as Winx virán á escola porque xa teñen a Chave para pecharen o Legendarium. Xusto entón as Winx achéganse a Torre de Nubes, e as Trix tentan facer que a torre se faga invisible. Exactamente cando as Winx están a piques de achegarse á Torre entón ven que a torre se volve invisible. Aínda así Bloom pode percibir a enerxía negativa da torre.

As Winx non saben se Torre de Nubes se se desprazou ou só desapareceu porque está baixo un feitizo de invisibilidade. Tecna usa a súa computadora e atopa que a torre é só invisible, só que nin sequera a maxia da computadora non pode determinar a localización exacta dela. Bloom di que se quedaren alí podería ser un perigo, e entón todas deciden volver a Alfea. En Alfea, as Winx e Daphne están á procura dun xeito para facer visible de novo Torre de Nubes, pero os poderes das Trix son moi grandes. Mentres tanto, Stella está á procura dalgunha cousa para vestir e atópase con Brandon, que lle di que é o aniversario da súa relación como parella. Deste xeito a parella decide festexar a súa relación tomando unha cea nun restaurante.

Mentres que as Winx tentan buscar respostas, Stella aparece e menciona a biblioteca de Solaria como posible sitio de fonte de información. O problema é que só os da realeza teñen permiso de entraren, motivo polo que precisan da autorización do rei. Entón Layla pregunta como entrarán na biblioteca se non son da realeza e o pai de Stella non as deixará entrar, momento no que Stella lles di que lles preparou unha sorpresa, e que teñen que confiar nela.

En Solaria, o rei Radius está a facer unha cerimonia especial, e as Winx entran na sala como convidadas. Coa ocasión desta cerimonia, o rei Radius dálle á súa filla a coroa de Solaria para que sexa raíña por un día porque segundo a tradición de Solaria, hoxe a filla/o fillo é rei/raíña por un día, e todos a felicitan. Stella senta no trono, e as Winx aproveitan a oportunidade para que as deixen entrar na biblioteca de Solaria. As Winx marchan para iren á biblioteca coas Pixies, e Amore queda coa fada coa que se ligou, Stella.

As Winx procuran como reverter o feitizo de Torre de Nubes nos libros da biblioteca, e as Pixies axúdanas dándolles os libros. Daphne descobre que o feitizo das Trix non é reversible se usaren maxia de fadas. Tecna procura nun libro, e enviaralle a Timmy os datos do libro para continuar a investigación. As Winx fan que os libros volvan de novo aos seus sitios, e saen da biblioteca. Mentres tanto, Stella está cos seus pais mentres que é raíña. Agora que Stella é a raíña ela ten que escoitar o seu pobo en audiencias reais, pero Stella non sabe como actuar como unha verdadeira raíña nin sabe o que lles ten que responder ás peticións deles. Aparentemente Stella non parece para nada entender cales son as súas obrigacións e no canto de ocuparse das súas tarefas ela dá unha festa. Stella empeza a bailar, mentres que os seus pais e as outras persoas non saben que facer.

En Torre de Nubes as Trix e Selina veno todo, e mentres que Stella se cansa coa festa, elas deciden parala. Stella di que ten todo o día a disposición e continúa a divertirse, cambiando as roupas dos gardas. Brandon pregunta cando irán ao seu encontro planificado, pero Stella decide facelo agora e fai aparecer unha mesa con comida no medio da sala, e fai que Brandon sente nunha cadeira. As Winx veñen ver que sucede, Brandon enfádase con ela e marcha, os reis non poden dicirlle nada a Stella e Stella tamén se vai.

Selina, ao ver todo o que está a facer Stella, vénlle unha idea e convoca un espello máxico maléfico, ao que lle di que calquera que se mirar no espello, caerá baixo o feitizo deste e a alma da persoa en cuestión volverase escura e converterase nunha versión mala. Stella vai ao seu cuarto onde atopa o espello máxico enviado por Selina. Mentres que está a falar co espello sen saber que é unha trampa, xustamente entón do espello libérase unha enerxía escura que toma o control de Stella, facéndoa volverse mala.

Os pais de Stella din que Stella non está a actuar ben como raíña, e as Winx din que os axudarán falando coa súa filla. Stella volve, e debido ao feitizo posto no espello, Stella dálles acceso libre ás bruxas ao castelo. Stella trae cinco bruxas de Torre de Nubes mandándoas atacaren as Winx. Tamén deixa sen voz o seu pai, o rei Radius. Polo tanto o rei Radius vese atacado na súa propia casa. As Winx con todo ocúpanse das bruxas, logo de que Bloom puxese unha barreira protectora ao redor deste e da raíña Luna.

As Winx transfórmanse para loitaren contra as bruxas, mentres que as Pixies van ao cuarto de Stella para falaren con ela e para pescudaren que lle sucede. Mentres tanto, en Torre de Nubes, as Trix ven a través do Ollo de Griffin todo o caos causado por Stella, que agora se volveu mala. Entón, cansada porque non está a suceder nada palpitante, Darcy decide entrar na batalla e dille a Selina que se quere transformar nunha personaxe de ficción para continuar o ataque. Entón Selina está de acordo e permítelle a Darcy ter os poderes dunha personaxe do Legendarium, e envíaa ao interior do libro.

No seu cuarto, Stella atópase con Darcy e tenta aliarse con ela, pero Brandon aparece e Stella atácao. As Pixies aparecen mentres que Brandon xace inconsciente. Pero ao caer lanza a arma cara ao espello rompéndoo en triscos e Stella volve á normalidade. Pero Darcy cóllelle a coroa e dille que a busque no mundo do Legendarium.

Stella transfórmase en Mythix e aparece nun castelo onde se atopa con Ariadna. Stella, no mundo do Legendarium, empeza a percorrer varios corredores á procura de Darcy, só para decatarse de que o camiño non ten fin e que está nun labirinto. E logo de que as cousas estean máis complicadas aparece un minotauro que a tenta atacar e ela deféndese cos seus poderes Mythix. Entón Stella atópase de novo con Ariadna e entón descobre que Ariadna é en realidade Darcy convertida nunha personaxe de ficción do Legendarium, que aínda ten a coroa de Solaria.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Torre de Nubes vólvese invisible para que as Winx non poidan entrar e pechar o Legendarium.
  • Esta é a segunda vez que o Legendarium lles dá poder ás Trix. A primeira vez foi no episodio 17 (A maldición de Fearwood), cando Selina fai que Icy sexa a Raíña das Neves.

Galería[]