Wiki Winx Club
Línea 70: Línea 70:
 
[[pt-br:Rainha por um Dia]]
 
[[pt-br:Rainha por um Dia]]
 
[[ro:Regina pentru o zi]]
 
[[ro:Regina pentru o zi]]
  +
[[ru:Королева на день]]

Revisión del 23:43 18 sep 2019

Raíña por un día é o episodio 19 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 149 en total. Estreouse o 2 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento

O episodio comeza no ceo preto de Torre de Nubes, onde as Trix están a adestrar as bruxas pero o adestramento resulta un pouco malo cando algunhas non controlan ben os seus poderes e dúas delas usan os seus feitizos escuros para derrotar as outras bruxas (sendo Lazuli e as súas amigas).

No entanto, Selina dilles ás Trix que as Winx están a acercarse á escola agora que xa teñen a Chave do Legendarium. As Winx van a Torre de Nubes, e entón as Trix tentan facer que Torre de Nubes se torne invisíbel, e entón as Winx ven que a torre se fai invisíbel, aínda que Bloom puido notar toda a súa enerxía negativa.

As Winx non teñen saben se Torre de Nubes se foi o simplemente desapareceu porque está baixo un feitizo de invisibilidade. Tecna comproba o seu computador e verifica que a torre só está invisible, pero nin a súa maxia do computador pode atopar onde está agora. Bloom di que quedar podería ser un perigo, e entón todas deciden regresar a Alfea.

En Alfea, as Winx e Daphne están a buscar un xeito para liberar a invisibilidade de Torre de Nubes, xa que os poderes das Trix son moito máis fortes. Mentres tanto, Stella está a procurar algo para vestir e atópase con Brandon, quen lle di que é o seu aniversario da súa relación como noivos. A parella decide que farán unha cea nun restaurante.

Mentres as Winx tentan buscar respostas, Stella aparece e menciona a biblioteca de Solaria que se cadra poderá ter algunha pista, o problema é que só a realeza ten permiso para entrar e ver a biblioteca, Layla pregunta como entrarán na biblioteca se non son da realeza e o pai de Stella non lles deixará entrar, e é entón cando Stella di que lles preparou unha sorpresa, e teñen que confiar nela.

En Solaria, o rei Radius está a facer unha cerimonia especial, e as Winx entran na sala. Nesta cerimonia, o rei Radius outorga á súa propia filla a coroa como raíña por un día, e todos a felicitan. Stella séntase no trono, e as Winx aproveitan a súa oportunidade para que lles deixen entrar na biblioteca de Solaria. As Winx van á biblioteca coas Pixies, e Amore queda coa súa fada ligada, Stella.

As Winx están a buscar a maneira de reverter o feitizo de Torre de Nubes nos libros da biblioteca, e as Pixies axúdanas a darlles os libros. Daphne descobre que o feitizo das Trix non se pode anular con maxia de fadas. Tecna está a buscar nun libro, e enviaralle os datos do libro a Timmy para continuar coa pescuda. As Winx fan que os libros volvan de novo aos seus lugares, e saen da biblioteca.

Mentres tanto, Stella está cos seus pais mentres é raíña. A xente da corte falle peticións a Stella porque agora é a raíña, pero Stella non sabe actuar como unha verdadeira raíña nin sabe que ten que responder á xente da corte, e entón decide que quere só ouvir boas noticias ou que lle traian agasallos. Os seus pais din que iso non sempre pasa, e Stella decide que todos farán unha festa. Stella comeza a bailar, mentres os seus pais e as outras persoas non saben que facer.

En Torre de Nubes as Trix e Selina ven todo, mentres Stella está a cansarse da festa e decide parala. Stella di que ten todo o día, muda a roupa do uniforme dos gardas. Brandon pregunta cando terán o seu encontro de aniversario de noivos, pero Stella decide facelo agora e pon unha mesa con comida no medio da sala, e fai que Brandon se sente nunha cadeira. As Winx veñen saber o que pasa, Brandon enfádase con ela e retírase, os reis non lle poden dicir nada e Stella di que iso é difícil polo que se vai tamén.

Selina, ao ver todo o que está a facer Stella, convoca un espello máxico do mal para que calquera que falar co espello, terá unha alma escura e converterase nunha versión mala desa persoa. Stella entra na súa vivenda e atopa o espello máxico enviado por Selina, mentres está a falar co espello sen saber que é unha trampa, di que o espello está a escoitala, pero unha enerxía escura entra e apodérase de Stella, e esa enerxía fai que Stella se torne mala.

Os pais de Stella din que Stela non está a actuar ben como raíña, e as Winx axudaranas falando con ela. Stella volta, e debido aos poderes do espello nela, trae cinco bruxas de Torre de Nubes mandándolles atacar as Winx e ademais deixa sen voz o seu pai, o rei Radius. As Winx transfórmanse para loitar contra as bruxas, mentres Bloom crea un escudo para protexer os reis. Mentres dura a loita, as Pixies van á habitación de Stella para falar con ela e saber o que pasa con ela.

Mentres tanto, en Torre de Nubes, as Trix están a ver todo o caos que formou Stella convertida en mala desde o Ollo de Griffin. Entón, cansada de non facer nada, Darcy decide entrar na batalla e dille a Selina que se quere converter nunha personaxe de ficción para continuar o ataque. Entón Selina está de acordo e permítelle a Darcy ter os poderes dunha personaxe do Legendarium, e envíaa dentro do libro.

Na habitación, Stella atópase con Darcy e tenta aliarse con ela, pero Brandon aparece e Stella atácao. As Pixies aparecen mentres Brandon, inconsciente, lanza a súa arma para o espello rompéndoo en pedazos o que fai que Stella volva á normalidade. Pero Darcy quítalle a coroa e dille que a busque no mundo do Legendarium. Stella transfórmase en Mythix sen que as Pixies a paren e aparece nun castelo onde se atopa con Ariadne.

Stella, dentro do Legendarium, comeza a percorrer varios corredores sen acabarse revelando que está nun labirinto e ademais aparece un Minotauro que está a tentar atacala, e ela deféndese cos seus poderes do Mythix. Entón Stella atópase outra vez con Ariadne e entón descobre que Ariadne é en realidade Darcy convertida nunha personaxe de ficción do Legendarium, quen aínda ten a coroa do reino de Solaria.

Feitos importantes

  • Stella goberna Solaria por un día.

Curiosidades

  • Torre de Nubes queda invisible para que as Winx non poidan entrar nela e selar o Legendarium.
  • Esta é a segunda vez que o Legendarium dá poder ás Trix. A primeira foi no episodio 17 (A maldición de Fearwood), cando Selina fai que Icy sexa a Raíña do Xeo.

Galería