Wiki Winx Club

Regreso a Alfea é o episodio 3 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 107 en total. Estreouse o 18 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea onde empeza un novo curso, e Faragonda dá a benvida ás novas fadas. Faragonda presenta Roxy ás outras alumnas porque é da Terra, e entón aparecen as Winx. As fadas alégranse de ver de novo ás Winx. As fadas entran no edificio, e Roxy di ás Winx que está nerviosa.

Os Especialistas chegan cunha nave para ver as Winx, pero Sky vén nunha moto. Bloom nota que Sky está triste, e é porque perdeu o colgante de Eraklyon. Entón a princesa Krystal de Linphea vén saudar Helia e Flora saúda á princesa do seu planeta. Pero ponse celosa, porque Krystal e Helia eran amigos na infancia.

As Winx explican a Faragonda o problema de Tritannus, e que o Believix non é suficientemente forte baixo a auga. Faragonda di que teñen que conseguir o Sirenix, unha transformación do mar. As Winx teñen que atopar o libro do Sirenix na biblioteca, pero Faragonda non sabe onde está e explica que llo teñen que preguntar a Daphne.

Layla recibe unha chamada da súa nai, pola situación en Andros. Nos océanos de Andros, o rei Neptuno enfádase porque Tritannus escapou, e as Selkies explican que usou o seu tridente para converter os gardas en monstros. Neptuno quere destruír Tritannus, e Ligea e Nereus din que teñen que falar con Tritannus. Pero Neptuno quere destruílo sexa como for.

Bloom atopa Daphne e pregúntalle onde está escondido o libro do Sirenix. Daphne di que o Sirenix é perigoso, porque as tres bruxas ancestrais lanzaron un feitizo contra o Sirenix e ela transformouse nun espírito sen corpo. Bloom di que precisa do libro, e Daphne di que está na Sección Secreta de Alfea.

No mar, Tritannus di que precisa de máis petróleo. As Trix informan a Tritannus que as Winx volveron a Alfea, e que sempre son derrotadas polas Winx. Tritannus fai ás Trix máis fortes co seu tridente. En Alfea, Bloom di ás outras Winx que o libro do Sirenix está na Sección Secreta de Alfea, e teñen que atopalo. Os Especialistas axudaranas.

Flora pregunta a Sky se deu o colgante de Eraklyon a Bloom, pero Sky cambia de tema. Layla atopa a porta á Sección Secreta, e entran. Pero as Trix tamén están en Alfea. As Winx empezan a buscar, coa axuda da tecnoloxía de Tecna. Pero as Trix aparecen.

A Trix empezan a atacar as Winx e Sky, e Brandon, Helia e Krystal veñen axudar. As Trix atacan Helia, e Flora e Krystal sacan Helia da biblioteca. Krystal di a Flora que ten poderes de curación, e cura Helia. Na biblioteca as Winx transfórmanse.

As Winx empezan a atacar ás Trix, pero as Trix agora son máis fortes. Stormy lanza os libros da biblioteca e transfórmanse nun monstro. Layla logra destruír o monstro, e as Winx atacan ás Trix. Icy disponse a destruír Bloom, pero Sky ponse no medio e recibe o ataque.

Sky cae ao chan, xusto cando chegan Faragonda e Griselda. As Trix vanse. Bloom vai con Sky, que está inconsciente no chan. Sky esperta, e Bloom abrázao e alégrase porque está vivo. Pero Sky di que non sabe quen é Bloom, e Bloom queda moi sorprendida por isto.

Feitos importantes[]

  • Roxy é introducida ás outras alumnas en Alfea.
  • Krystal, a princesa de Linphea, preséntase como unha vella amiga de Helia.
  • Krystal comeza a interromper a relación entre Flora e Helia.
  • Revélase que o Sirenix é un antigo poder que naceu da maxia do mar.
  • Revélase que Daphne foi a última das fadas coñecidas por adquirir o Sirenix.
  • As Trix obteñen máis poderes coa axuda de Tritannus.
  • Daphne explica a Bloom que unha vez adquiriu o Sirenix para axudar a protexer Domino contra as bruxas ancestrais, pero as bruxas colocaran un feitizo sobre o Sirenix, que, cando Daphne tentou usalo contra as bruxas ancestrais, fixo que o seu poder volvese contra ela mesma e transformouna nun “espírito sen corpo”.
  • Sky é atacado polas Trix e recibe amnesia, e esquece toda a súa vida e a súa relación con Bloom.

Curiosidades[]

  • Sky, cando recibe amnesia, esquece Bloom e rompen a relación. Isto podería significar que a profecía sobre o colgante de Eraklyon que Sky mencionou podería ser verdade.

Galería[]