Soños rotos é o episodio 11 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 141 en total. Estreouse o 17 de marzo do 2014 en Italia.
Argumento[]
O episodio empeza en Torre de Nubes, onde as Trix entrevistan unhas estudantes novas, e rexeitan moitas debido ás súas normas moi duras. A única moza que non é coma as demáis bruxas é unha moza chamada Lazuli, que era unha fada que marchou da escola de Eraklyon e decidiu unirse ás bruxas.
As Trix están sorprendidas porque esta fada traizoa as súas amigas atrapándoas nunhas gaiolas, formadas por cabelos. Encantadas polo entusiasmo amosado por Lazuli, elas lémbranlle que crearán unha emboscada contra Bloom (tras rexeitaren unha moza co motivo que lle asemella a Bloom). Antes de marcharen, as Trix recrutan Lazuli como unha nova bruxa e quítanlle as ás, despois ordénanlle que solte as súas amigas. Entón Lazuli transfórmaas en monstros.
En Alfea, Griselda está a facer unha revisión polos corredores, cando ouve música clásica. Ela pescuda a orixe do son, e atopa un ximnasio máxico, onde están a adestrar as Winx e os Especialistas. Layla infórmaa da abertura oficial do seu ximnasio, e Griselda cre que fadas e Especialistas a traballar xuntos parece un pouco impropio.
Pero Layla argumenta que tamén precisan dun pouco de diversión dende que Bloom marchou. Griselda está de acordo co ximnasio porque as alegrará. Layla instrúe Stella, Flora, Musa e Tecna nuns movementos novos de baile, entón Stella quéixase. Ela suxire un cambio de estilo, e Layla enfádase con ela e di que elas se están a adestrar para a resistencia, non para a aparencia.
Stella, con todo, non a escoita e engade unhas ás falsas e suxire ao resto das mozas que sigan os seus movementos. No entanto, as ás resultan seren un pouco difíciles de manobrar, facendo que caian ou que bloqueen os seus propios movementos. Layla enfurécese, e dille a Stella que non perda máis o tempo, pero Stella oféndese e vaise.
Tecna e Musa van á procura de Stella para calmárena. Flora suxírelle a Layla que fai falla volveren ao invernadoiro para pescudaren máis a fondo, pero Layla négase dicindo que prefire continuar co adestramento. Todo isto está a ser observado polas Pixies, sabendo que as mozas xa non están igual ca antes sen Bloom. Lockette está moi deprimida porque Bloom non está feliz e vai soa a Gardenia. Entón as outras Pixies séguena. Tralo adestramento, Roy e Nex desafian Layla a unha pista de patinaxe, que ela acepta. Roy e Nex tentan gañarse o corazón de Layla.
En Gardenia, Bloom está soa no seu cuarto deprimida, e Mike tenta animala cun truco de maxia pero non o logra. Vanessa entón asegúralle a Bloom que toda a xente se decatará do seu problema e que eles sempre estarán alí para ela. Na oficina de Griffin, Selina ten unha reunión secreta con Acheron, quen lle di que se non detiver as Winx, elas reuniranse con Eldora.
Antes de que el poida continuar, Selina remata rapidamente o contacto cando as Trix entran. As Trix usan o Ollo de Griffin para descubriren se Bloom está en na Terra, e dinlle a Selina que inicie un novo ataque. A continuación utiliza o Legendarium para espertar uns vampiros, tamén coñecidos baixo o nome de Fillos da Noite, para invadiren Gardenia e para cazaren Bloom. Deste xeito que os vampiros chegan ata Gardenia e se infiltran na festa gótica que se celebrará alí.
Mentres tanto, Flora está no invernadoiro secreto e usa un feitizo sobre as plantas para darlles voz e para comunicarse con elas. Ela pídelles ás plantas que identifiquen a flor de Eldora. Ningunha das plantas con todo non a coñece, pero un gabián rosa recoñécea. Segundo el, a flor chámase Lanusia, unha flor moi rara que crece nun sitio preto da cidade de Gardenia.
Flora está sorprendida porque a flor está na cidade de Bloom, e lembra o que Lu Wei lles dixo ás Winx cando estaban en China, que Eldora quedou a descansar onde crece a flor. Desgraciadamente, o gabián non sabe a localización exacta da flor, pero polo menos Flora é capaz de limitar a procura.
No cuarto de Layla, Musa e Tecna arrastran Stella ata o seu cuarto para falar con Layla. No entanto, isto transfórmao todo nunha gran discusión entre as dúas. Flora entra e rapidamente infórmalles sobre a Lanusia que está en Gardenia. Elas escoitan Kiko que está evidentemente deprimido por non estar coa súa dona e amiga. Stella recólleo e tranquiliza Kiko dicindo que todas elas verán Bloom cedo, e logo Stella e Layla reconcílianse.
Bloom está aínda triste e enfadada, tentando pescudar por que Selina está en contra dela xa que elas dúas adoitaban ser amigas. Ela mira un vello debuxo infantil, no que ela mesma e Selina aparecen cando eran rapazas, e despois descobre que na imaxe hai debuxada a flor de Eldora. O sitio exacto é chamado Bosque das Flores, un sitio ao que ela ía moi a miúdo antes. Bloom nese momento decátase de que a fada madriña vive alí, en Gardenia.
Mentres tanto, polas rúas de Gardenia, as Pixies chegan e ven uns mozos que se preparan para ir á festa gótica. Amore entón detecta os Fillos da Noite que se achegan cando nota algo raro neles. As Pixies seguen os mozos e chegan á festa. Na festa, os vampiros, un por un, usan os seus poderes para hipnotizaren toda a xente de alí e transfórmanos todos en escravos sen mente.
Os Fillos da Noite danlles ordes aos mozos para tomaren o control da cidade de Gardenia e para procuraren e destruíren Bloom. Lockette de inmediato sobe e ataca o líder dos vampiros, pero este é máis forte ca ela. Ela grita pedindo axuda, momento no que Bloom dende casa a detecta por mor da súa ligazón máxica, e entón transfórmase rapidamente e sae da súa casa para atopala. Lockette esquiva os ataques do vampiro líder e case é transformada nun escravo, pero é salvada por Chatta.
Antes de que os vampiros hipnoticen as Pixies, Bloom chega e atácaos. Ela colle as Pixies e escapan. Bloom pregúntalles que estaban a facer alí e Lockette responde que viñeron visitala só que remataron na festa. Bloom non cre que os Fillos da Noite sexan reais ou que estean realmente en Gardenia. Pouco despois decátase de que o Legendarium é o responsable. Os vampiros atacan mentres Bloom e as Pixies loitan, pero os vampiros son moi resistentes. En Alfea, as Winx presenten que as Pixies están en perigo, mentres Bloom e as Pixies continúan a súa interminable loita.
Feitos importantes[]
- Selina convoca os Fillos da Noite para atacaren Bloom.
- As Pixies van á Terra para animaren Bloom.
- Flora dilles ás outras Winx que Eldora vive en Gardenia.
- Os Fillos da Noite usan os seus poderes para hipnotizaren toda a xente da cidade de Gardenia, transformándoos en escravos irracionais.
Curiosidades[]
- Unha das mozas que vai a Torre de Nubes coas Trix aseméllalle a Bloom na tempada 5.
- Unha fada de Alfea que se chama Alice é vista na festa gótica da Terra, pero ela non é humana. Mitzi, Sally e Darma pódense ver como aparición menor na festa cos seus traxes de fada escura que tiveran na tempada 4. As dúas amigas sen nome de Quimera da tempada 3 tamén aparecen neste episodio, participando á festa. E tamén aparece aquel humano normal que lle asemellaba a Ogron e ao que as Winx atacaron pensando que era Ogron.
- Nunha escena, a cor dos ollos de Bloom son laranxa.
- Este episodio foi emitido nos EUA como parte da maratón de maxia online.