Wiki Winx Club
Advertisement

Tempestade en Torre de Nubes é o episodio 22 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 22 en total. Estreouse o 17 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Alfea, onde as Winx e os Especialistas chegan, e Faragonda e Saladino pregúntanlles se todo foi ben. Musa ve que Kiko está a xogar con Peppe, o pato de Icy, e Knut tamén está en Alfea. Faragonda informa que agora está do seu lado, e logo di que non sabe nada de Torre de Nubes nin da directora Griffin. Saladino di que as Trix atacarán Alfea, e teñen que estar preparadas.

En Torre de Nubes, Riven está nos calabozos. As Trix están a observar que fai, e Darcy propón xogar coa súa cabeza. Entón aparecen copias de Riven, que logo se transforman nun monstro que imita os seus movementos. Riven di que en verdade ten sentimentos, e ten amigos. Entón chámao Griffin, e ela di que foi estúpida.

Riven atopa un anaco de metal, e di que sempre puido abrir fechaduras. Consegue abrir a súa porta, pero a das bruxas e Griffin é unha fechadura especial que non se abre tan facilmente. As bruxas están a preparar con Griffin unha poción para abrila. Pero entón aparece o Exército da Escuridade e perseguen a Riven. Atopa unha xanela, e a pesar de que hai un precipicio, non ten máis remedio a saltar ao baleiro.

Sky pronuncia o nome de Riven, pero non sabe que pasa. Entón Faragonda e Saladino din que aceptaron un plan de Bloom para recuperar a Chama do Dragón, e as outras Winx non saben nada, só Stella. Saladino di que Sky acompañará a Bloom a Torre de Nubes polos túneles, e guiaraos Knut. Sky di que é unha tolemia, pero Bloom di que non teñen máis remedio.

No despacho de Griffin, as Trix están a falar do que lle pasou a Riven, pero logo din que teñen que volver enviar o Exército da Escuridade a Alfea. Entón todo o exército salgue e diríxese a Alfea, e os Especialistas dan a alerta e prepáranse. Bloom e Stella explícanlle todo ás outras tres mozas, e despídense delas.

En Alfea empeza a batalla, e logo aparece Mirta observando todo e protexe a Flora dun monstro. Nos subterráneos de Torre de Nubes, Stella e Brandon están a falar do cambio de nome, e Knut cre que alguén os vixía. Mentres tanto, as Trix están a ver o que está a pasar nos subterráneos, e di que igualmente o seu exército destruirá Alfea.

Knut indica un camiño, pero logo resulta ser unha trampa. Igual volve pasar con outros camiños. Stella enfádase con Knut, e el di que hai moitos cheiros alí. Pero logo recoñece unha cheiro, e cae nun túnel. Eles baixan, e resulta que están no vertedoiro de Torre de Nubes. Alí aparecen uns monstros, pero non queren atacalos para non revelar a súa presenza.

Un monstro ataca Sky e captúrao, e entón aparece Riven e salva a todos. El explica o que lle pasou despois da súa caída, e Sky di que Riven puxo en práctica o que aprenderon en Fonte Vermella. Logo Riven pide perdón, e os outros din que non se preocupe. Ao final, Bloom ten o presentimento que esta misión non vai ser fácil.

Feitos importantes

  • Knut agora é bo.
  • As Trix fan retornar o Exército da Escuridade.
  • Riven deixa as Trix e xúntase de novo aos Especialistas despois de todo o que aconteceu.

Curiosidades

Galería

Advertisement