FANDOM


Trampa en Prometia
Tempada 8, episodio 7
Winx189
Información do episodio
Número de episodio total 189
Data do trinque (Italia) 22 de abril do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Trappola su Prometia
Nome en inglés (EUA) Trapped on Prometia
Sucesión de episodios
anterior
O destino nefasto da estrela faro
seguinte
Nas profundidades de Andros
Lista de episodios

Trampa en Prometia é o episodio 7 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 189 en total. Estreouse o 22 de abril do 2019 en Italia.

Argumento Editar

Stella e Flora transfórmanse en fadas Cosmix para liberar as súas amigas das garras do dispositivo mecánico que as colleu. Mentres tanto, na súa gorida escura, Valtor confía a Obscurum o seu “Escurador”, un cetro de poder co que poderá transformar todos os Lumens de Iridia en Staryummys ao seu servizo. Obscurum está de acordo e utiliza o poder do cetro contra os Lumens, transformándoos en Staryummys.

Lumilla, a amiga de Twinkly, infelizmente tamén é transformada nun Staryummy, e todos os novos Staryummys son absorbidos por un vórtice creado por Obscurum. Mentres tanto Orion, entendendo que foi enganado por Valtor ao ver os Lumens de Iridia transformados en Staryummys que están a entrar nun buraco negro, tenta salvar as Winx que el colleu para que o axuden, pero Obscurum fai que el tamén sexa absorbido polo buraco negro.

En Prometia, nunha procura desesperada de axuda, Flora por segunda vez tenta revivir as plantas que se atopan ao redor delas, pero non ten éxito. Entón ela e Stella deciden unir os poderes do sol e os poderes da natureza nunha converxencia máxica, e conseguen dar temporalmente á vexetación nova enerxía vital. As plantas liberan as catro Winx que foran collidas, e unindo os seus poderes, as Winx destrúen o dispositivo mecánico.

Seguindo o exemplo de Stella e Flora, as seis Winx concentran os seus poderes Cosmix no globo de luz creado por Stella, revivindo a enteira vexetación de Prometia. Deste xeito, as plantas de Prometia poderán continuar a vivir nutríndose da luz Cosmix das Winx. Ou polo menos ata cando as seis conseguiren devolver a luz ao núcleo de Iridia.

Despois de volver a Iridia, as Winx conseguen salvar Orion e Twinkly da furia de Obscurum antes de que sexa demasiado tarde. No seu laboratorio, a pesar do grave erro que cometeu en traizoalas a primeira vez, Orion promete ás Winx que as axudará a protexer Iridia e todas as outras estrelas da Dimensión Máxica da gran ameaza de Valtor.

As Winx volven a Alfea, e despois de explicar o motivo do seu retardo á inspectora Griselda, as Winx participan nunha lección do profesor WizGiz, co que as fadas aprenden a fusionar os seus propios feitizos entre elas. E con isto axudan Kiko e Knut no patio de Alfea. Nos cuartos, Flora e Stella celebran o seu éxito e a súa amizade, plantando unha semente máxica.

Mentres tanto, Valtor e Obscurum planean apoderarse da luz de Gorgol, unha estrela submarina que desde sempre ilumina os océanos de Andros, o planeta de Layla.

Feitos importantes Editar

  • Orion e as Winx forman unha alianza para derrotar Valtor.

Curiosidades Editar

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.