Wiki Winx Club
m (1 revisión)
m (Bot: Elimino: it:Un ultimo battito d'ali)
Etiqueta: apiedit
Línea 58: Línea 58:
 
Winx-3x13-6.jpg
 
Winx-3x13-6.jpg
 
</gallery>
 
</gallery>
  +
 
[[Categoría:Episodios]]
   
 
[[ca:Un últim batre ďales]]
 
[[ca:Un últim batre ďales]]
 
[[en:Winx Club - Episode 313]]
 
[[en:Winx Club - Episode 313]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 313]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 313]]
[[it:Un ultimo battito d'ali]]
 
 
[[pt:Um último bater de asas]]
 
[[pt:Um último bater de asas]]
 
[[pt-br:Uma Última Batida de Asas]]
 
[[pt-br:Uma Última Batida de Asas]]
 
[[ro:O ultimă bătaie de aripi]]
 
[[ro:O ultimă bătaie de aripi]]
[[Categoría:Episodios]]
 

Revisión del 01:51 25 nov 2016

Un último bater de ás é o episodio 13 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 65 en total. Estreouse o 26 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Torre de Nubes, onde Valtor está a observar o portal de Andros e chama as Trix. El explica que co portal aberto, os presos da Dimensión Omega están a escapar e haberá unha catástrofe.

En Alfea, Faragonda reúnese con Saladino, e el di que Andros corre perigo se o portal da dimensión Omega non se pechar. Faragonda decide espertar Layla e as Winx. Stella quéixase porque as espertaron.

No despacho de Faragonda, Layla quere ir cos seus pais, e as Winx deciden acompañala. Tecna creou unha pasaxe dimensional que as leva a Andros. Mentres tanto, en Andros hai unha gran tormenta, e os reis preocúpanse polo planeta.

Están a entrar máis monstros a Andros, e entón as Winx chegan. Os seus pais din a Layla que non debería volver ao planeta porque se destruirá pronto, as Winx din que farán todo o posible para pechar o portal e transfórmanse.

As Winx van ao portal, mentres na auga as sereas transformadas están a loitar contra as que non foron transformadas, e as Trix din a Valtor que as sereas poderían ser útiles, pero Valtor di que elas están destinadas ao sacrificio.

As Winx loitan contra as sereas transformadas, pero veñen máis. E mentres tanto, veñen a Andros máis presos. Stella usa o seu po de fada, pero é atacada. Entón Flora usa o seu po de fada e salva Stella.

Layla e Musa atopan o portal, pero vén un monstro. As Trix queren loitar contra as Winx, pero Valtor non as deixa porque Andros se destruirá pronto. Layla atopa o seu pai, pero atácanos máis monstros.

Layla quere ir ao portal, pero o seu pai di que se for até o portal será absorbida polo vórtice, e ten que esperar a un sabio chamado Teboc. Pero para empezar, Layla libera as sereas do feitizo de Valtor co po de fada.

Teboc chega con Bloom e Tecna, pero veñen máis monstros. Entón as outras Winx ocúpanse dos monstros, e Bloom, Tecna, Layla e Teboc van ao portal. Teboc explica que el creou o portal, e logo di que teñen que lanzar maxia sobre uns pergamiños, pero os pergamiños son absorbidos polo portal.

O vórtice cada vez é máis forte e só se pode pechar dende o interior, e entón as Winx deciden que o farán xuntas. Pero Tecna decide pechar o portal ela mesma, e cando se mete no vórtice, consegue o seu Enchantix.

Co po de fada, Tecna disponse a pechar o portal, e ela é absorbida polo portal ata a Dimensión Omega. O portal péchase, pero Tecna quedou atrapada na Dimensión Omega e desaparece.

Musa laméntase pola perda de Tecna, e Teboc di que Tecna usou toda a súa enerxía vital para pechar o portal, e non poden facer nada por ela. En Torre de Nubes, Valtor observouno todo, e as Trix din que unha fada das Winx desapareceu pero aínda quedan cinco.

Feitos importantes

  • As Winx viaxan acta Andros para tentar fechar o portal da Dimensión Omega.
  • Tecna é sacrificada para fechar o portal, salva Andros e consegue o seu Enchantix.
  • Tecna cae na Dimensión Omega.

Curiosidades

  • Este episodio presenta a aparencia final de Tecna acta encontrala na misión da Dimensión Omega.
  • Cando Tecna é absorbida, nalgunhas escenas Bloom está co seu Enchantix, aínda que ela aínda non conseguiu esta transformación.

Galería