Josep Maria Roca Peña (discusión | contribs.) m (Bot: Elimino: it:Un ultimo battito d'ali) Etiqueta: apiedit |
Josep Maria Roca Peña (discusión | contribs.) m (Bot: Engado: ru:Один последний взмах крыльев) |
||
(No se muestran 2 ediciones intermedias del mismo usuario) | |||
Línea 62: | Línea 62: | ||
[[ca:Un últim batre ďales]] |
[[ca:Un últim batre ďales]] |
||
+ | [[de:Winx Club - Folge 313]] |
||
[[en:Winx Club - Episode 313]] |
[[en:Winx Club - Episode 313]] |
||
[[es:Winx Club - Episodio 313]] |
[[es:Winx Club - Episodio 313]] |
||
+ | [[it:Un Ultimo Battito D'Ali]] |
||
[[pt:Um último bater de asas]] |
[[pt:Um último bater de asas]] |
||
[[pt-br:Uma Última Batida de Asas]] |
[[pt-br:Uma Última Batida de Asas]] |
||
[[ro:O ultimă bătaie de aripi]] |
[[ro:O ultimă bătaie de aripi]] |
||
+ | [[ru:Один последний взмах крыльев]] |
Revisión del 23:15 18 sep 2019
Un último bater de ás é o episodio 13 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 65 en total. Estreouse o 26 de febreiro do 2007 en Italia.
Argumento
O episodio empeza en Torre de Nubes, onde Valtor está a observar o portal de Andros e chama as Trix. El explica que co portal aberto, os presos da Dimensión Omega están a escapar e haberá unha catástrofe.
En Alfea, Faragonda reúnese con Saladino, e el di que Andros corre perigo se o portal da dimensión Omega non se pechar. Faragonda decide espertar Layla e as Winx. Stella quéixase porque as espertaron.
No despacho de Faragonda, Layla quere ir cos seus pais, e as Winx deciden acompañala. Tecna creou unha pasaxe dimensional que as leva a Andros. Mentres tanto, en Andros hai unha gran tormenta, e os reis preocúpanse polo planeta.
Están a entrar máis monstros a Andros, e entón as Winx chegan. Os seus pais din a Layla que non debería volver ao planeta porque se destruirá pronto, as Winx din que farán todo o posible para pechar o portal e transfórmanse.
As Winx van ao portal, mentres na auga as sereas transformadas están a loitar contra as que non foron transformadas, e as Trix din a Valtor que as sereas poderían ser útiles, pero Valtor di que elas están destinadas ao sacrificio.
As Winx loitan contra as sereas transformadas, pero veñen máis. E mentres tanto, veñen a Andros máis presos. Stella usa o seu po de fada, pero é atacada. Entón Flora usa o seu po de fada e salva Stella.
Layla e Musa atopan o portal, pero vén un monstro. As Trix queren loitar contra as Winx, pero Valtor non as deixa porque Andros se destruirá pronto. Layla atopa o seu pai, pero atácanos máis monstros.
Layla quere ir ao portal, pero o seu pai di que se for até o portal será absorbida polo vórtice, e ten que esperar a un sabio chamado Teboc. Pero para empezar, Layla libera as sereas do feitizo de Valtor co po de fada.
Teboc chega con Bloom e Tecna, pero veñen máis monstros. Entón as outras Winx ocúpanse dos monstros, e Bloom, Tecna, Layla e Teboc van ao portal. Teboc explica que el creou o portal, e logo di que teñen que lanzar maxia sobre uns pergamiños, pero os pergamiños son absorbidos polo portal.
O vórtice cada vez é máis forte e só se pode pechar dende o interior, e entón as Winx deciden que o farán xuntas. Pero Tecna decide pechar o portal ela mesma, e cando se mete no vórtice, consegue o seu Enchantix.
Co po de fada, Tecna disponse a pechar o portal, e ela é absorbida polo portal ata a Dimensión Omega. O portal péchase, pero Tecna quedou atrapada na Dimensión Omega e desaparece.
Musa laméntase pola perda de Tecna, e Teboc di que Tecna usou toda a súa enerxía vital para pechar o portal, e non poden facer nada por ela. En Torre de Nubes, Valtor observouno todo, e as Trix din que unha fada das Winx desapareceu pero aínda quedan cinco.
Feitos importantes
- As Winx viaxan acta Andros para tentar fechar o portal da Dimensión Omega.
- Tecna é sacrificada para fechar o portal, salva Andros e consegue o seu Enchantix.
- Tecna cae na Dimensión Omega.
Curiosidades
- Este episodio presenta a aparencia final de Tecna acta encontrala na misión da Dimensión Omega.
- Cando Tecna é absorbida, nalgunhas escenas Bloom está co seu Enchantix, aínda que ela aínda non conseguiu esta transformación.