Wiki Winx Club
Advertisement

Un adversario desleal é o episodio 8 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 60 en total. Estreouse o 14 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza con Bloom que ten un pesadelo, e logo esperta. As Winx están nunha nave que van ao planeta Eraklyon, e Bloom ten medo dos pais de Sky. En Eraklyon todos están en festa, e hai fogos artificiais.

As Winx e os Especialistas chegan ao palacio de Eraklyon, e Sky vaise cos seus pais. Pero as Winx non saben onde é. As Winx ponse os seus vestidos e chegan ao palacio. Un garda dá a benvida ao rei Radius, Cassandra e Quimera.

Stella quere facer algo co seu pai, pero as Winx detéñena. Entón saen os reis de Eraklyon e Sky. Pero Diaspro prepara a poción de Valtor. Sky e Bloom empezan a bailar, mentres que as Winx e os Especialistas os observan.

Sky vaise, e entón aparece Diaspro. Sky rexéitao, e Diaspro dálle unha copa e dille que logo o deixará. El bébea e entón vaise cos seus pais. O rei Erendor di que Sky anunciará algo a todos os invitados.

Sky empeza a falar de cousas bonitas dunha moza, e entón di que o seu nome é Diaspro. Eles dous abrázanse, e os Especialistas e as Winx non entenden que pasou. Bloom ponse a chorar porque cre que Sky a enganou.

Bloom e Stella van falar con Sky, pero Diaspro di a Sky que esas mozas son servidoras de Valtor. Entón Sky di que os gardas as capturen. Elas empezan a correr, e deducen que está a pasar algo parecido co rei Radius.

Valtor e as Trix óllano todo. As Winx chegan a un labirinto, e os gardas quedan atrapados. Pero eles rompen as paredes e seguen pasando. Flora fai que crezan plantas, e os gardas deciden retirarse.

Cando as Winx saen do labirinto, pero aparece Sky que quere deter as Winx. Layla transfórmase co seu novo Enchantix, e crea unha barreira de Morphix que detén e devolve os tiros con máis forza.

As Winx vanse, pero Bloom queda para falar con Sky. Pero Sky non a quere escoitar, e Bloom vaise. As Winx chegan á nave, pero vén Sky cun dragón. As Winx transfórmanse. E Sky tamén rexeita os seus amigos Especialistas.

O rei Erendor di que poñan a salvo os invitados. Layla pon Morphix na boca e os ollos dos dragones, e Bloom é perseguida por Sky. Os invitados empezan a correr, e o rei Radius queda ferido por un dragón. Cassandra ordena despegar e deixar o rei Radius en Eraklyon.

Stella ve que o seu pai está a piques de ser atacado por un dragón, e Stella ataca o dragón e detén o seu lume. Pero queda inconsciente, e o seu pai ponse a chorar. Entón Stella consegue o seu Enchantix, e esperta.

Stella volve coas Winx e vanse. Valtor di que agora Sky está baixo o seu poder, pero aínda non acabou. Ao final, Bloom e Stella din que as dúas deixaron algo en Eraklyon, pero recuperarano pronto.

Feitos importantes[]

  • Diaspro enfeitiza Sky para que sexa o seu noivo.
  • Stella salva o seu pai dun dragón e consegue o seu Enchantix.

Curiosidades[]

Galería[]

Advertisement