Wiki Winx Club
Advertisement

Un amigo no pasado é o episodio 5 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 161 en total. Estreouse o 23 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento

O episodio comeza no Parque Natural de Alfea, onde Roxy está a chorar porque Brafilius lle roubou a súa Pedra das Lembranzas, e agora el poderá viaxar no tempo. Bloom tenta consolar Roxy, dicindo que as Winx sempre serán as súas amigas.

Na gruta de Kalshara e Brafilius, Kalshara está a dicir que ten que conseguir o animal coa primeira cor do universo, para ter poder absoluto sobre os animais máxicos. Entón Brafilius vén coa toupa e di a Kalshara que ten algo novo. Kalshara enfádase porque trouxo só unha pedra, e Brafilius di que esta pedra é especial, porque con ela poderá viaxar no tempo, e poderán atopar o animal que están a procurar, que está na prehistoria de Magix.

Kalshara envía Brafilius ao pasado, para procurar os chora-choras. Brafilius activa a pedra das lembranzas de Roxy e como as pedras están interconectadas maxicamente, as Winx tamén o fan. As Winx despídense de Roxy e dos Especialistas, e viaxan á prehistoria de Magix.

No pasado, as Winx aparecen nunhas montañas, onde hai uns animais salvaxes que están a voar. Stella dá ás Winx uns vestidos que parecen eses animais, para poder pasar desapercibidas. Pero os animais salvaxes veñen atacar ás Winx, porque as viran con eses vestidos. Os animais destrúen a plataforma que estaban as Winx, e caen. Bloom di que teñen que transformarse, pero Stella di que poderán voar coas ás dos vestidos, e elas comezan a voar.

As Winx descobren que Brafilius está a controlar os animais salvaxes, e el tamén vén atacalas. Brafilius ordena aos animais atacaren ás Winx, que están hipnotizados por Brafilius. O animal de Brafilius lanza uns proxectís que destrúen as ás dos vestidos das Winx, e as Winx comezan a caer ao baleiro. Agora Brafilius poderá concentrarse na misión.

No chan, as Winx descobren que están sobre un ovo enorme, que se rompe. Dentro do ovo hai un dinosauro bebé recentemente nacido, e pensa que as Winx son a súa familia. As Winx deciden que irán atopar a súa nai, e quítanse os seus vestidos en forma de dinosauro. Stella dá ás Winx uns novos vestidos, pero agora o dinosauro non recoñece as Winx.

O dinosauro ponse a chorar e retrocede. Layla dálle unha pelota feita con Morphix, e comeza a xogar con el. As Winx comezan a buscar os chora-choras, pero non hai ningún animal na zona, e as Winx teñen que vixiar ben. As Winx comezan a cansarse de buscar, e Stella crea uns zumes de froita. Pero o dinosauro cómeos xunto cos copos. Stella crea outros zumes, pero resulta que están encima dun animal camuflado.

As Winx descobren que hai moitos animais máxicos na zona, só estaban camuflados e todos comezan a moverse. E tamén atopan a nai do dinosauro, que camiña cara ás Winx. Pero máis tarde o bebé dinosauro e a súa nai asústanse. A razón disto é porque o chora-chora que están a buscar, Squonk, aparece en fronte deles. Stella insúltao e Squonk ponse a chorar, e as súas bágoas inundan toda a zona. As Winx e o dinosauro bebé son impulsados pola corrente das bágoas de Squonk.

As Winx deciden transformarse para salvar o dinosauro bebé, porque a súa nai non pode. Bloom salva o dinosauro bebé, e a súa nai agradécello. As Winx continúan a buscar o chora-chora, mentres Brafilius tamén o está a procurar. Unha serpe fai que Brafilius caia do seu animal, pero a serpe asústase do aspecto de Brafilius. El atopa Squonk, pero unha planta carnívora cólleo e Squonk escapa.

As Winx finalmente atopan Squonk, pero Brafilius cae diante das Winx. As Winx din que queren falar un pouco con Brafilius, pero aparece unha araña, e Brafilius aumenta o seu tamaño e ataca as Winx, e elas quedan collidas coas súas teas de araña. Só Layla aínda está libre e corre para alcanzar Brafilius, que colleu Squonk.

A araña xigante tenta atacar ás Winx, pero a nai dinosauro vén co seu bebé e asusta á araña. Pero as Winx seguen presas. O bebé morde as teas de araña e libera ás Winx. Mentres tanto, Brafilius usa o seu diamante para verificar se el é o animal coa primeira cor do universo, pero non é e insúltao. El comeza a chorar, e Brafilius tenta atacalo.

Layla chegou xusto a tempo para evitar o ataque de Brafilius. Utiliza o seu ataque especial Butterflix e salva Squonk, e Brafilius é impulsado lonxe de alí polas bágoas. Entón Layla e Squonk enlázanse, e Layla pode entender Squonk. Eles comezan a falar, e Squonk di que os chora-choras non son os animais coa primeira cor do universo. Entón aparecen máis chora-choras.

Layla despídese de Squonk, pero Squonk quere seguir con ela ao presente. E no presente, Layla está nun encontro romántico con Nex. Cando están a piques de bicarse, Squonk ponse no medio, e Nex asústase. Entón Layla presenta Squonk a Nex, e o episodio termina.

Feitos importantes

  • Squonk faise o animal máxico de Layla.

Curiosidades

  • Nunha escena, as ás de Flora son púrpura en vez de verdes.
  • Nunha escena, as ás de Stella son púrpura en vez de rosa, pero este erro repítese noutros episodios.

Galería

Advertisement