Wiki Winx Club

Un amor monstruoso é o episodio 21 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 151 en total. Estreouse o 2 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza na biblioteca de Alfea, onde Stella está a buscar entre varios libros un xeito de romper o feitizo que fixo que Torre de Nubes fose invisible, pero non atopa nada. Tecna di que ela e Timmy se están a ocupar da investigación do problema coa axuda da tecnoloxía máxica. Bloom está de acordo, pero Stella continúa a mexer outros libros e provoca un caos en toda a sala. Por sorte Stella consegue parar os libros cun feitizo.

Entón Timmy vén dicir que atopou un xeito para facer que Torre de Nubes sexa visible de novo, e concretamente que teñen que usar un localizador espectrográfico, que é un obxecto que localiza cousas invisibles para o ollo humano. Pero Timmy non sabe onde pode atopar este obxecto, e Tecna di que os seus pais fan calquera obxecto tecnolóxico, e con toda a certeza poderán axudalos. Aínda así Timmy ten medo porque coñecerá os pais de Tecna, e Tecna di que as posibilidades de que os seus pais acepten Timmy son do 66,8% e están a crecer. Stella di que teñen que ir algo máis amodo.

Stella empeza a preparar as roupas de Tecna e das Winx para visitaren os pais de Tecna, ás que engade tamén unhas ás. As Winx saen do cuarto de Tecna, e as Pixies admiran as Winx e elóxianlles as roupas bonitas. Bloom colle a chave do Legendarium, e entón Eldora aparece e dilles que precisarán dunha caixa forte de ferro máxica onde poderán ter a chave. As Pixies e Kiko quedan para vixiaren a caixa forte. Axiña que Eldora marcha, e as Pixies fan que a caixa forte se asuste. Esta empeza a andar polo cuarto desorientada e sae do cuarto directamente pola xanela. As Pixies vense obrigadas a ir buscala.

Máis tarde, as Winx e Timmy van a Zenith, coa esperanza de atoparen o obxecto do que Timmy lles falou, e que lles permitirá entrar en Torre de Nubes. As Winx e Timmy atópanse na entrada da casa os hologramas dos pais de Tecna, e están encantados de volver ver a súa filla porque din que non viron a súa filla dende hai moito tempo. Tecna preséntalles as Winx, e despois presenta Timmy e di que é o seu mozo, pero Timmy ten medo. Na casa de Tecna, os pais de Tecna sérvenlles ás Winx bebidas mediante uns robots domésticos.

Os pais de Tecna, Electronio e Magnethia, pregúntanlle a Timmy como se chama a escola na que estuda, pero Timmy é tímido e non fala moito. Entón Tecna di que estuda en Fonte Vermella, e é un dos mellores Especialistas. Os pais de Tecna preguntan que tipo de especialista é el, e as Winx din que é técnico. Timmy ten problemas coa bebida, que cae sobre o robot. Pero por sorte para el o robot límpase. As Winx, Timmy e os pais de Tecna empezan a tomar o almorzo, pero teñen que comer unhas comidas que parecen cousas tecnolóxicas e deberes e a Stella non lle gusta.

Os pais de Tecna poñen Timmy a proba para saberen se é un bo noivo para Tecna, e dinlle que ten que adaptarse ás cousas de Zenith. Entón ponlle para facer varias tarefas á vez: resolver un algoritmo e loitar contra unha culler. Timmy logra superar admirablemente cada proba, e os pais de Tecna din que el está ben. Bloom con todo lémbralles que teñen que falar da súa misión. Tecna pregúntalles se teñen un localizador espectrográfico, e Electronio di que si. Mentres tanto en Torre de Nubes, as Trix ordénanlle a Selina que invoque Frankenstein para atacar as Winx, e o monstro empeza a causar caos en Zenith, absorbendo os proxectís eléctricos dos robots.

En Alfea, as Pixies perseguen a caixa forte máxica que as leva ata os túneles subterráneos de Magix. As Pixies conseguen atopala coa axuda dos poderes de Lockette. En Zenith, as Winx e Timmy despídense dos pais de Tecna, pero descobren que Frankenstein está a atacar o planeta. As Winx veno e transfórmanse en Bloomix para atacaren Frankenstein, mentres que Timmy tamén se lles une coa súa moto. Pero os poderes eléctricos fano forte, e as Winx non poden atacalo. Ademais o monstro namórase de Tecna debido á súa aparencia e polo xeito que utiliza os poderes eléctricos.

As Trix enfádanse pola febleza da súa besta e Stormy quere usar outra personaxe do Legendarium, Selina dálle a Stormy os poderes dunha personaxe non revelada. Timmy tenta salvar Tecna na súa moto pero Frankenstein tírao da moto e leva Tecna ao mundo do Legendarium. As Winx van alí salvala co Mythix. Alí elas atópanse nun bosque, e indo por un camiño elas chegan a un castelo. Elas con todo son sorprendidas pero son sorprendidas pola aparición de Stormy (como a noiva de Frankenstein) que empeza a atacalas con proxectís eléctricos e case derrota as Winx. Mentres tanto, Frankenstein dálle flores a Tecna e ela non as quere. No entanto consegue distraelo para ver que sucede coas Winx.

As Winx empezan unha batalla contra Stormy, e ao final Tecna atrae Stormy e Frankenstein namórase dela, revelando que el só ama unha muller cos mesmos gustos coma os seus. As Winx marchan do mundo do Legendarium, e Stormy está tamén ela enfadada. Os pais de Tecna danlles as grazas ás Winx porque defenderon o planeta e vanse co dispositivo. As Pixies tentan procurar a caixa forte máxica polos corredores que se despraza moi rápido. Chatta abre a tubaxe para que saia auga e tamén sae a caixa forte, amargadas volven ao cuarto das Winx. As Pixies non saben que poden facer coa auga a saír do pozo de Alfea, pero as Winx chegan e ven que a caixa forte está a salvo. Xa que como as Winx teñen o dispositivo, poderán atopar Torre de Nubes con facilidade.

Feitos importantes[]

  • As Winx e Timmy van ao planeta Zenith para atoparen o dispositivo que pode facer Torre de Nubes visible.
  • Bloom pon a chave do Legendarium nunha caixa forte.
  • Tecna présentalles Timmy aos seus pais.

Curiosidades[]

  • Aparecen de novo os túneles secretos de Magix, ausentes dende anteriores tempadas. A diferenza das versións anteriores, hai un sistema de tubaxes de auga que non foi visto antes.
  • Aparecen por primeira vez os pais de Tecna.
  • Esta é a primeira vez que unha criatura do Legendarium non é derrotada polas Winx.
  • Stormy é a única das Trix que aparece transformada como unha personaxe nun episodio, xa que as demais apareceron en dous episodios.
  • Esta é a segunda vez que unha criatura lendaria se namora dunha das Winx. A primeira vez foi no episodio 3 da tempada 3 (A fada e a besta) cando Knut se namorou de Stella convertida nun monstro.
  • Cando as Winx collen as súas variñas para transformárense en Mythix, Layla colle a variña de Bloom.
  • Esta é a terceira vez que o Legendarium dálles poder ás Trix. A primeira vez foi no episodio 17 (A maldición de Fearwood), cando Selina fai que Icy sexa a Raíña das Neves; e a segunda vez foi no episodio 19 (Raíña por un día), cando Selina fai que Darcy sexa Ariadna.

Galería[]