Wiki Winx Club
Advertisement

Unha amizade arruinada é o episodio 8 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 8 en total. Estreouse o 13 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento

O episodio comeza cun soño de Bloom, que o provoca o mesmo ser que a axudou a saír de Torre de Nubes. Entón aparece unha criatura feita de luz cunha máscara e unhas capas que penduran dela, como unha ninfa. Entón acorda, e Flora comunícalle que é festa. Despois dille que é o Día da Rosa, un día moi especial en Magix e como que será festa, ela volverá ao seu planeta. Bloom quere saber máis, e Tecna dille que neste día se felicita ás nais. Bloom queda en Alfea.

No comedor, só quedaron Bloom, Stella e Musa. Bloom explica que quedou porque se volvese á Terra podería sentirse nostálxica. Stella di que non irá a Solaria porque os seus pais se divorciaron. Musa explica que quedou porque a súa nai morreu cando era moi pequena, e que este día é bastante triste para ela. Stella di que na cidade de Magix hai unha festa, e o príncipe Sky está a convidala. Musa non irá, e van Stella e Bloom.

En Torre de Nubes, Griffin fala coas Trix e dilles que recibiu a queixa de Faragonda, e que pola súa conduta ela debería expulsalas, pero daralles unha última oportunidade. Tamén di que os Especialistas e as Winx están a unirse e isto cambiaría o poder, a non ser que elas fagan algo. Por isto explica que teñen que intervir na reunión das fadas de Alfea e os mozos de Fonte Vermella que farán na cidade de Magix.

En Alfea, Musa abre unha flor e aparece un holograma da súa nai, e ela explícalle cousas de Riven. En Magix, o príncipe Sky, Brandon e Riven chegan con Stella e Flora, e Sky dá unha rosa a Stella. Eles dous quedan parados, ao igual que Bloom e Brandon. Pero Riven segue enfadado como sempre, e di que el gañará a carreira sexa como for. Un dos condutores chócase na parede.

As Trix chegan á cidade, mentres que Riven di que se gañar irá ao baile con Bloom. Ela non quere saír para nada con el, e Riven entón tenta bicala. Nisto Brandon ponse celoso. Entón Bloom quita Riven do seu lado e usa maxia para facer caer auga sobre el. Entón arrepíntese, pero Riven enfádase e vaise dicindo que ninguén precisa das raparigas, e tamén di que el non precisa desta festa.

As Trix observárono todo, e a Darcy gústalle Riven. Icy di que el podería pasar ao seu lado, e entón chama Knut e convérteno en Timmy. Na festa, Bloom ve unha rapariga bailando, e comeza a alucinar que é a mesma criatura que viu no soño. Entón aparece Timmy, e Bloom estráñase porque el está alí. El comeza a facer erros ao dicir o nome de Riven. Entón di que para pedirlle perdón, pode darlle un casco que o piloto poderá conducir coa mente. Bloom acepta e Timmy di que non diga a ninguén que foi el.

As Trix observárono todo, converten Knut da forma de Timmy ao seu aspecto orixinal de ogro, e soben nun edificio para observar a carreira. Icy e Stormy detectan que a Darcy gústalle Riven, pero ela non quere recoñecelo. Bloom atopa os outros, e despois dálle o casco a Riven. El cólleo e segue enfadado. Bloom dille a Stella que foi Timmy quen lle deu o casco, e Stella di que el foi á súa casa. Entón Bloom, sospeitosa, olla para enriba e ve as Trix e Knut.

A carreira comeza, mentres que Bloom tenta parar Riven porque todo é unha trampa e Stella séguea. Para poder paralo, Bloom transfórmase. Pero na carreira únese Darcy cunha moto, que con maxia fai caer aos outros concorrentes. Darcy fai caer a Sky, e Riven vai o primeiro. Bloom vén voando e tenta parar a Riven, pero as Trix activan a electricidade do casco e Riven comeza a sentir dor de cabeza.

Riven cáese, e Bloom non pode facer nada, pero Darcy sálvao. Ela preséntase a Riven, e Bloom comeza a dicir que Darcy e as súas amigas provocárono todo. Riven non cre en Bloom e devólvelle o casco, enfadado. El di que pedirá que o trasladen para outro equipo de especialistas e vaise con Darcy. Brandon gañou a carreira, pero Bloom está triste polo que aconteceu.

Feitos importantes

  • Bloom pode ver Daphne por primeira vez.
  • É o día da nai en Magix (chamado Día da Rosa)
  • Riven tórnase o noivo de Darcy porque ela salvou Riven da caída.
  • Stella informa Bloom e Musa que os seus pais se divorciaron.
  • Musa di a Stella e Bloom que ela perdeu a súa nai cando ela era moi pequena.

Curiosidades

  • Timmy non aparece, só aparece Knut disfrazado del.
  • Flora e Tecna só aparecen no inicio do episodio.
  • Bloom é a única que se transformou neste episodio.

Galería

Advertisement