Wiki Winx Club
Advertisement

Unha fada en perigo é o episodio 6 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 84 en total. Estreouse o 27 de abril do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza na tenda de Amor e Peluches, onde as Winx están a almorzar. Stella ve que hai moitas caixas, e Bloom di que teñen que limpar porque virán os Especialistas. Tamén di que teñen que arranxar a súa situación cos Especialistas, aínda que Stella non quere ver Brandon porque Mitzi o bicou.

Musa está a ler da transformación Believix, e que ten tres ás diferentes. Na rúa, Sky e Helia cambiaron os seus peiteados, e as raparigas óllanos. Brandon di a Sky e Helia que teñen traballo, e Brandon di que Mitzi está a seguilo sempre, pero el ama Stella.

Mitzi quere vixiar as Winx para saber que fai Stella para que Brandon se namore dela. Na tenda, as Winx están a pintar a sala, ata que vén alguén á porta. Resulta que é Andy e os seus amigos, e queren axudar as Winx a pintar. Mentres tanto, Mitzi fai unha foto a Andy e Bloom, e di que enviará esta foto a alguén.

Bloom está con Andy, ata que aparecen os Especialistas enfadados. Andy di que tocarán no bar Frutti Music, e os Especialistas din que recibiron unha chamada anónima de que quedaran con outros mozos que non son eles, e Sky enfádase por Bloom e Andy. Bloom di que teñen que facer a misión de atopar a última fada da Terra.

Tecna detecta que a mesma persoa que xa comprara animais anteriormente, volveu comprar outro animal. Pero saben a dirección do seu domicilio, e as Winx van á súa casa a saber quen é. Na casa, atopan Roxy, e deciden seguila.

As Winx entran na casa de Roxy, e Roxy asústase. As Winx preguntan a Roxy que está a facer cos animais, e Roxy desprende outra vez a enerxía, co que descobren que Roxy é a última fada da Terra.

Bloom tenta dicir a Roxy que é unha fada, pero Roxy non a cre e ordena ás Winx que se vaian. Flora di que os Feiticeiros do Círculo Negro a queren capturar, pero Roxy non quere escoitar. Roxy vaise cara a unha zona solitaria da cidade, pero os Feiticeiros atópana e captúrana. Arthur morde Duman, e Roxy quere escapar.

As Winx aparecen, e transfórmanse. Roxy escóndese, e as Winx loitan contra os Feiticeiros. Entón os Feiticeiros din que só queren Roxy, mentres que Roxy cre que todo é unha alucinación e as fadas non existen. Bloom di a Roxy que abra o seu corazón, e Roxy empeza a crer nas fadas. As Winx empezan a sentir unha enerxía, e gañan o Believix. As Winx agradecen a Roxy por crer nas fadas.

Feitos importantes[]

  • As Winx gañan o seu Believix.
  • As Winx descobren que Roxy é a última fada da Terra.
  • Sky e Helia teñen novos peiteados a partir deste episodio.

Curiosidades[]

Galería[]

Advertisement