FANDOM


Unha nova misión
Tempada 8, episodio 15
Winx197
Información do episodio
Número de episodio total 197
Data do trinque (Italia) 30 de xullo do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Una nuova missione
Nome en inglés (EUA) Mission for the
Prime Stars
Sucesión de episodios
anterior
A estrela dos desexos
seguinte
A festa do Sparx
Lista de episodios

Unha nova misión é o episodio 15 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 197 en total. Estreouse o 30 de xullo do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na dimensión do Cofre das Estrelas, onde as Winx se atopan cara a cara contra as Trix, as súas peores inimigas que creron derrotar por última vez atrapándoas nun limbo espazo-temporal fóra da realidade. As Winx e as Trix tentan coller sexa como for o Compás Astral que se atopa dentro do Cofre das Estrelas, pero sen querer fan que este obxecto se meta dentro da maquinaria dun carillón.

No interior da maquinaria da estraña dimensión do cofre, as Winx e as Trix teñen que loitar por conseguir coller o Compás Astral antes que o fagan as outras, pero este compás é impulsado polos mecanismos do carillón dun lugar a outro, evitando os intentos de tanto as Winx como as Trix de collelo. O compás móvese entre canellóns insidiosos, cuartos cheos de trampas e tobogáns a alta velocidade.

Ao final, as Winx, as Trix e o compás acaban nunha plataforma chea de buracos que se balancea, ameazando con facer que o compás se meta nun buraco. Pero o compás continúa a moverse, burlándose de ambos os equipos. Tras volver ao momento de inicio, Bloom decátase que non teñen que usar a forza, o compás só se deixará coller por quen “souber escoitar”.

Musa escoita unha música que é a melodía do carillón, e descobre que o carillón está a tocar unha melodía desentoada. Tras corrixir a nota que desentoaba o carillón usando a súa maxia, o compás teletranspórtase mentres as Trix o tentaban coller, aparece nas mans da estatua do cofre e unha voz di que as Winx demostraron coraxe e determinación, polo tanto o compás é para elas. As Winx volven ao castelo de Dorona co compás.

A raíña encarga ás seis fadas que teñen que recuperar as sete Estrelas Primarias que compoñen o cofre, grazas ás que as Winx poderán restaurar a Estrela dos Desexos á normalidade e expresar así o Desexo Definitivo. O rei Argen entende que a única persoa que puido liberar as Trix da súa reclusión no limbo espazo-temporal ten que ser Valtor.

Na súa fortaleza escura, Valtor encarga ás Trix que lle traian as sete Estrelas Primarias, e di que podería decidir que só unha delas recibirá o premio, pondo as tres irmás en competición entre elas. Quen for a primeira que lle trouxer a Estrela dos Desexos, conseguirá a liberdade e os poderes escuros enormes.

En Alfea, as Winx e outras alumnas están a esperar o profesor WizGiz para empezar a clase, pero el non está. As Winx e as outras alumnas cren que WizGiz se transformou nalgunha cousa, e removen todo. Layla e Flora deciden crear fedor de brócoli para que WizGiz apareza, pero todas as outras alumnas marchan. Entón WizGiz vén dicir que Faragonda o entretivo e por iso chega tarde, pero ao final el tamén foxe ao cheirar o fedor de brócoli.

En Fonte Vermella, Bloom veu organizar unha sorpresa especial para Sky porque non o viu nin soubo nada del desde hai un par de días. Helia e Timmy veñen informala que o mozo se atopa actualmente nunha misión secreta da que non poden revelar nada. Tras ouvir a noticia, Bloom marcha chorando.

Feitos importantes Editar

  • As Winx obteñen o Compás Astral.
  • Valtor planeou que só una das Trix conseguirá a liberdade e os grandes poderes.
  • As Winx empezan unha nova misión: atopar as sete Estrelas Primarias antes que as atopen as Trix e Valtor.

Curiosidades Editar

  • Revélase que WizGiz non soporta o fedor de brócoli.
  • Continúan os problemas na relación entre Bloom e Sky, xa que Sky marchou con Diaspro nunha misión e Bloom queda triste.

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.