Wiki Winx Club
Advertisement

Vórtice de chamas é o episodio 6 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 136 en total. Estreouse o 14 de febreiro do 2014 en Italia.

Argumento

Diaspro propón o seu plano que irá acabar con Bloom, e as Trix aceptan o plano. Icy sente que o Legendarium de Selina podería ser útil para elas. Selina abre o Legendarium e fala coas Trix sobre o vórtice de chamas e que contén os Comedores de Fogo. Diaspro mostra o seu convite para a coroación de Daphne e se fixer ben o seu plano de eliminar Bloom, Icy permitiralle a Diaspro xuntarse ás Trix.

Os preparatorios están en curso para a celebración de Daphne, que se converterá oficialmente na princesa de Domino. Aínda que está nerviosa, Bloom reafirma que estará alí ao seu lado. Aliviada, Daphne pregunta onde están os outros e Bloom deixa a sala con Kiko e olla o salón de festas. Ela entón ve Thoren e Sky.

Thoren pregunta a Sky se Bloom nunca lle falou nada sobre Daphne e nin falou sobre el. Sky ignórao e queda distraído co seu móbil. Bloom chámaos, Thoren saúda e revela que el e Sky estaban a falar sobre elas. Sen resposta destas últimas.

Bloom, axiña, comeza a sentir moita dor e Diaspro decátase. Kiko tamén se decata disto e segue Bloom de novo à sala, onde Stella está a facer os vestidos das raparigas. A primeira tentativa de Stella sobre os vestidos non ten éxito, pero resolve o problema, e tamén lle dá a Daphne un vestido novo para a súa coroación.

No salón de festas, as dúas princesas da Domino preséntanse e Bloom suxírelle a Thoren que estaba a ollar Daphne e di: “Alguén non pode tirar os ollos de ti”. Daphne, axiña, prepárase e o rei Oritel fai o seu discurso. Kiko tenta alertar ás Pixies da presenza de Diaspro. A raíña Marion entón concede orgullosamente á súa filla máis vella a coroa da princesa e Daphne fai o seu discurso.

Na sala, todo o mundo está a bailar, e Thoren pídelle a Daphne para bailar. Bloom está feliz ao ver a súa irmá que está a divertirse, pero Sky di a Bloom que non quere que Daphne estea con el e avisa Bloom do tipo de persoa que Thoren pode ser. Bloom, confusa, pregunta a Sky por que el dixo isto, e entón, el revela que no pasado, cando os dous eran rapaces, foron emboscados, Thoren fuxiu e Sky apenas conseguiu salvarse.

Os dous entón comezan a bailar e todo o mundo abre espazo para as dúas princesas de Domino, Sky e Thoren. Chatta e Kiko están a observar coidadosamente Diaspro mentres ela silenciosamente está entre os participantes. Chatta dáse conta que Diaspro está a achegarse e tenta parala, pero esbarra en Amore.

Mentres a danza chega ao fin, Bloom, de súpeto esvaécese e Diaspro está alí a vela. Ela, entón, alerta ás Trix da condición de Bloom e Stormy pídelle a Selina para invocar os Comedores de Fogo.

Sky vai con Bloom e pregunta a Daphne o que está a acontecer con Bloom. Daphne, axiña, explica que, como tiña dado unha parte da súa Chama do Dragón ás Winx, quedou feble. Daphne entón aconséllalle a Sky para deixar Bloom na súa habitación, pero antes de poder facer algo, os Comedores de Fogo aparecen.

As raparigas e Daphne transfórmanse, e mentres distraen os monstros, Sky vai con Bloom pero un Comedor de Fogo aparece e atácao. Felizmente Thoren está preto e protexe Sky.

A medida que continúan a loita, Diaspro aparece e tenta atraer Bloom ao vórtice de chamas, baixo a guía que irá restaurar o poder de Bloom. Sky, coñecedor das súas intencións, rexéitase a aceptalo, pero antes de que puidese continuar a moverse, é atacado polo monstro e cae inconsciente.

Diaspro transfórmase, pero quéixase despois. Ela, entón, falsamente aconséllalle a Thoren para levar Bloom ao vórtice de chamas. Mentres os Comedores de Fogo están a prepararse para atacar de novo, Thoren corre e Diaspro encérrao. Ela, entón, olla feliz, mentres pensa que Bloom será finalmente aniquilada.

De novo na sala, Oritel e Marion adían os animais mentres Marion di ao seu pobo que teñen que fuxir. Oritel preocúpase polas súas fillas, pero Marion asegúralle que estarán ben. Sky entón esperta e ve que Bloom desapareceu.

Daphne e as Winx continúan a combater os Comedores de Fogo sen sorte, e Daphne entón infórmalles que só o vórtice de chamas pode detelos. Sky volve á sala e comunícalle a Daphne da desaparición de Bloom, e os dous van encontrala.

Diaspro instrúe Thoren a facer caer Bloom no vórtice, Thoren pondera sobre isto e Diaspro continúa a empurralo, e el case fai o que dixo Diaspro ata que Sky e Daphne aparecen e din que non ouza Diaspro. Diaspro ve outra alternativa, e fai levitar Bloom sobre o vórtice e comeza a falar con Sky da súa decisión de amar Bloom e non ela, e dille que se Sky non dixer que ama Diaspro, ela tirará Bloom no vórtice. Sky non a quer escoitar e Diaspro deixa Bloom caer.

Sky salta no vórtice para coller a súa noiva e Thoren consegue salvalo antes de que el tamén caia. Daphne, enfurecida coas accións de Diaspro, ataca a rapariga con enerxía máxica. Diaspro protéxese e pronto desaparece. Daphne, axiña, olla o vórtice cando, de súpeto, uns ruídos soan alto en toda a área: son os Comedores de Fogo.

Bloom continúa a caer máis profundamente no vórtice, ela entón ve un dragón de cinco cabezas, levándoa a convocar o seu propio dragón, pero o dragón acaba quedando preso baixo o dragón de cinco cabezas. Axiña, ela di que pode facelo e fortalece o seu propio dragón, e derrota o dragón de cinco cabezas, gañando o seu Bloomix.

Bloom voa cara arriba e lanza os seus novos poderes atopados e destrúe os monstros, e pode salvar Sky, Thoren e Daphne. No salón do baile, as Winx continúan a súa loita, pero estaban a cansarse. Felizmente, Bloom vén no seu socorro e pon fin aos Comedores de Fogo.

Con todo calmado de novo, Thoren pide desculpas a Sky e fai unha tregua. Bloom e Sky, axiña, comezan a bailar. Daphne olla os dous de lonxe e camiña ata a varanda para ver Thoren, ela sorrí e camiña ata el, suxeita a man dela e os dous ollan para a lúa, comezando unha relación.

Feitos importantes

Curiosidades

  • Esta é a segunda vez que Daphne se transforma en Sirenix.
  • Esta é tamén a terceira vez que Diaspro é vista na súa forma de fada, pero a súa secuencia de transformación non se mostra.
  • Esta é a segunda vez Daphne entrou en acción, pero é a primeira vez que usa algúns dos seus feitizos de ataque.
  • Esta é a primeira vez que Diaspro tenta matar Bloom.
  • Na escena en que Stella está a atacar con Flora, e cando ataca con Layla, usa un dos feitizos de Flora.

Galería

Advertisement