Wiki Winx Club
Advertisement

Vórtice de chamas é o episodio 6 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 136 en total. Estreouse o 14 de febreiro do 2014 en Italia.

Argumento[]

Diaspro propón o seu plano que acabará con Bloom, e as Trix aceptan o plano. Icy sente que o Legendarium de Selina podería serlles útil. Selina abre o Legendarium e fálalles ás Trix sobre o vórtice de chamas e que contén os Comedores de Fogo. Diaspro mostra a súa invitación para a coroación de Daphne e se fixer ben o seu plano de eliminar Bloom, Icy permitiralle a Diaspro unírselles ás Trix.

A continuación, en Domino os preparatorios están en curso para a celebración de Daphne, que se converterá oficialmente na princesa de Domino. Malia que está nerviosa, Bloom reafirma que estará alí ao seu carón. Aliviada, Daphne pregunta onde están os outros e Bloom deixa a sala con Kiko e mira o salón no que se celebrará a festa.

Ela entón ve Thoren e Sky. Thoren pregúntalle a Sky se Bloom nunca lle dixo nada sobre Daphne ou se ela falou sobre el. Sky ignórao e queda distraído co seu móbil. Bloom chámaos, e Thoren saúdaa e revela que el e Sky estaban a falar sobre elas, sen resposta destas últimas.

Bloom, axiña, empeza a sentirse feble e Diaspro percíbeo. Kiko tamén o percibe e segue Bloom ata a sala, onde Stella lles ofrece ás mozas vestidos novos para a ocasión do baile. O primeiro intento de Stella cos vestidos non ten éxito, pero resolve o problema, e tamén lle dá a Daphne un vestido novo para a súa coroación.

No salón de festas, as dúas princesas de Domino preséntanse e Bloom di que Thoren estaba a ollar Daphne e di: “Hai alguén que non pode deixar de ollarte”. Daphne, axiña, sobe e o rei Oritel fai o seu discurso. Kiko tenta alertar as Pixies da presenza de Diaspro. A raíña Marion entón concédelle orgullosamente á súa filla máis vella a coroa da princesa e Daphne dá o seu discurso.

Na sala, toda a xente está a bailar, e Thoren invita Daphne a bailar. Bloom está feliz ao ver a súa irmá a divertirse, pero Sky di a Bloom que non quere que Daphne estea con el e avisa Bloom do tipo de persoa que Thoren pode ser. Bloom, confusa, pregúntalle a Sky por que lle está a dicir isto, e entón, el revela que no pasado, cando os dous aínda eran rapaces, foron emboscados, Thoren fuxiu e Sky apenas conseguiu salvarse. Os dous entón empezan a bailar e toda a xente ábrelles espazo ás dúas princesas de Domino, Sky e Thoren. Chatta e Kiko están a observar coidadosamente Diaspro mentres ela silenciosamente se mete entre os participantes. Chatta ve que Diaspro está a achegarse e tenta parala, pero chócase con Amore.

Mentres a danza chega ao fin, Bloom, de súpeto desmáiase e Diaspro está alí a vela. Ela, entón, avisa as Trix sobre a condición de Bloom e Stormy dille a Selina que invoque os Comedores de Fogo. Sky queda á beira de Bloom e pregúntalle a Daphne que lle sucede a Bloom. Daphne, axiña, explica que, como lles dera unha parte da súa Chama do Dragón ás Winx, está feble. Ela entón aconséllalle a Sky que deixe Bloom no seu cuarto, pero antes de faceren nada, os Comedores de Fogo aparecen. As mozas e Daphne transfórmanse, e mentres distraen os monstros, Sky vai con Bloom pero un Comedor de Fogo aparece e atácao. Felizmente Thoren está preto e protexe Sky.

A medida que continúan a loita, Diaspro aparece e tenta atraer Bloom ao vórtice de chamas, dicindo que lle restaurará o poder a Bloom. Sky, coñecedor de Diaspro, non o quere aceptar, pero antes de que poida facer nada, é atacado polo monstro e cae inconsciente. Diaspro transfórmase, pero quéixase logo sobre como é de difícil. Ela, entón, falsamente aconséllalle a Thoren levar Bloom ao vórtice de chamas. Mentres os Comedores de Fogo están a prepararse para atacar de novo, Thoren corre e Diaspro cólleo. Ela, entón, mira feliz, mentres pensa que Bloom será finalmente aniquilada.

Na sala, Oritel e Marion dinlles aos invitados que se retiren. Oritel está preocupado polas súas fillas, pero Marion asegúralle que están ben. Sky entón esperta e ve que Bloom desapareceu. Daphne e as Winx continúan a loitar contra os Comedores de Fogo, pero sen sorte. Daphne entón infórmalles que só o vórtice de chamas pode detelos. Sky volve á sala e informa Daphne da desaparición de Bloom, pero ao final os dous procurarana.

Diaspro dille a Thoren que tire Bloom ao vórtice, Thoren dubida pero Diaspro continúa a empurralo, e el case fai o que di Diaspro ata que Sky e Daphne aparecen e din que non escoite Diaspro. Diaspro ve outra alternativa, e fai levitar Bloom sobre o vórtice e empeza a falar con Sky da súa decisión de querer Bloom e non a ela, e dille que se Sky non dixer que quere Diaspro, tirará Bloom no vórtice. Sky non lle fai caso e Diaspro deixa caer Bloom. Sky, sen pensalo, salta ao vórtice para collela, pero Thoren é capaz de salvalo antes de que el tamén caia.

Daphne, enfurecida coas accións de Diaspro, ataca a moza con enerxía máxica. Diaspro protéxese a si mesma e inmediatamente despois desaparece. Daphne, axiña, olla o vórtice cando, de súpeto, uns ruídos soan alto en toda a área: son os Comedores de Fogo. Bloom continúa a caer máis profundamente no vórtice, entón esperta e ve un dragón de cinco testas, levándoa a convocar o seu propio dragón, pero o dragón acaba por quedar atrapado baixo o dragón de cinco cabezas. Axiña, ela dise a si mesma que pode facelo e coa axuda dos seus poderes curativos (mostrados na tempada 2 con Sky) fortalece o seu propio dragón, e derrota o dragón de cinco testas, gañando o seu Bloomix.

Bloom voa cara arriba e lanza os seus novos poderes atopados e destrúe os monstros, e pode salvar Sky, Thoren e Daphne. No salón de baile, as Winx continúan a súa loita, pero están a cansarse. Felizmente, Bloom vén axudalas e pon fin aos Comedores de Fogo.

Con todo calmado de novo, Thoren pídelle desculpas a Sky e fan unha tregua. Bloom e Sky, axiña, empezan a bailar. Daphne míraos aos dous de lonxe e camiña ata o balcón onde ve Thoren, ela sorrí e camiña ata el, cólleo da man e os dous miran cara á lúa, momento no cal eles empezan unha relación.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Esta é a segunda vez que Daphne se transforma en Sirenix.
  • Esta é tamén a terceira vez que Diaspro é vista na súa forma de fada, pero a súa secuencia de transformación non é mostrada.
  • Esta é a segunda vez que Daphne entra en acción, pero é a primeira vez que usa algúns dos seus feitizos de ataque.
  • Esta é a primeira vez que Diaspro tenta matar Bloom.
  • Na escena en que Stella está a atacar á beira de Flora, e cando ataca á beira de Layla, usa un dos feitizos de Flora.

Galería[]

Advertisement