Wiki Winx Club
Wiki Winx Club

Xeo e fogo é o episodio 26 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 104 en total. Estreouse o 13 de novembro do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza na Dimensión Omega, onde os Feiticeiros do Círculo Negro están a ser perseguidos por Layla e Nébula. As Winx tamén están alí. Os Feiticeiros do Círculo Negro atópanse nun lugar sen saída, e son atopados por Layla e Nébula. Pero os Feiticeiros do Círculo Negro están escondidos, e atacan por sorpresa ás dúas fadas vingativas.

As Winx aparecen, e reúnense con Layla. Os Feiticeiros atacan ás Winx, e elas usan unha converxencia Believix co que logran conxelar para sempre aos Feiticeiros do Círculo Negro. A Dimensión Omega empeza a derrubarse, e Nébula non quere ir coas Winx. Bloom logra convencer Nébula que aínda ten bondade, e as dúas escapan coas Winx.

Na parte superior da Dimensión Omega, as Winx e os Especialistas reúnense coas fadas da Terra e Morgana. Na illa Tir Nan Og da Terra, Morgana di que teñen que dar as grazas ás Winx, e teñen que liberar a maxia aos humanos para que sexa un mundo mellor.

Morgana di que haberá unha nova raíña, e ela volverá a Gardenia con Roxy e Klaus. Entón Morgana di que Roxy aínda é nova, e entón dá a Nébula a coroa. Nébula séntese triste porque traizoou Morgana, pero Morgana di que ela sempre confiou en Nébula. As Winx volven a Gardenia, pero Layla ten que levar o corpo de Nabu a Andros.

En Gardenia, Klaus tenta xogar con Arthur, pero o can está triste por Roxy. Entón Roxy e as Winx aparecen, e vén Morgana. Klaus non lembra Morgana, pero Morgana quita o feitizo dos Feiticeiros do Círculo Negro sobre Klaus, e entón el lembra Morgana. E Morgana quere explicar todo ás Winx.

Morgana explica que se mesturou cos humanos e quería vivir sen maxia, e entón coñeceu Klaus. Eles casaron e tiveron unha filla, Roxy. Morgana quería deixar o seu reino para estar coa súa familia, pero os Feiticeiros do Círculo Negro borraron o seu rastro en Klaus e Roxy. Entón Morgana e Klaus din que empezarán unha nova vida.

Bloom lémbrase dos animais na tenda Amor e Peluches, pero todo está limpo e ordenado. Entón os animais non deixan pasar ás Winx a unha habitación, que está esnaquizada. Unha nena pide a Flora que axude o seu can, e entón veñen máis persoas que queren entrar na tenda Amor e Peluches. E Stella está enfadada cos peluches.

Os clientes da tenda vanse, e as Winx están esgotadas. Entón vén Jason Queen, que di que teñen que continuar os seus traballos de música, e actuarán en sitios mellores có bar Frutti Music. E Sky chama a Bloom dicindo ás Winx que teñen que falar no parque de Gardenia.

Os Especialistas comunican ás Winx que a súa misión na Terra terminou, e teñen que volver a Fonte Vermella. Pero as Winx non queren deixar Gardenia, e podería ser que non volvan a Magix. Máis tarde, Layla aparece en Gardenia e di ás Winx que quere quedar na Terra porque alí morreu Nabu, e quere lembralo.

Os Especialistas din a Klaus que se van, pero farán o seu traballo de camareiros por última vez. As Winx atopan que a directora Faragonda veu ao bar Frutti Music, e Roxy di a Faragonda que quere ir a Alfea. Faragonda acepta. As Winx fan un concerto, e logo as Winx voan sobre Gardenia, e así termina o episodio e a tempada.

Feitos importantes[]

  • Os Feiticeiros do Círculo Negro son, por fin, derrotados polas Winx e Nébula cun feitizo de converxencia Believix e quedan conxelados para sempre na Dimensión Omega.
  • A raíña Morgana desiste da súa posición como raíña para vivir a súa antiga vida co seu marido Klaus e a súa filla, Roxy.
  • Nébula convértese na raíña das fadas da Terra.
  • Layla volta coas Winx.
  • Roxy acepta a oferta de ir estudar en Alfea.
  • As Winx quedarán por un tempo en Gardenia, e non volverán a Magix.
  • Morgana reúnese con Klaus.

Curiosidades[]

  • Este episodio final da tempada 4 non ten que ser considerado como o último episodio antes dos eventos da segunda película, Winx Club II: A aventura máxica. A película sitúase despois do episodio 13 da tempada 4.
  • Esta é a ultima aparición de Amor e Peluches e os seus animais, e da illa Tir Nan Og.
  • Ao final deste episodio aparecen as Winx coas súas formas Enchantix.
  • Este é o último episodio da tempada 4.

Galería[]